Guillermo Bernal Romero

investigador mexicano

Guillermo Bernal Romero, nado na Cidade de México o 14 de xuño de 1960, é un historiador e investigador mexicano. Especializouse na epigrafía da escrita maia.

Infotaula de personaGuillermo Bernal Romero
Biografía
Nacemento14 de xuño de 1960 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMéxico Editar o valor em Wikidata
EducaciónFacultade de Filosofía e Letras da UNAM Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióninvestigador Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Nacional Autónoma de México Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Realizou os seus estudos de bacharelato na Escola Nacional Preparatoria 1 “Gabino Barreda” e de licenciatura en historia na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM) obtendo o seu título en 1979. Especializouse en estudos mesoamericanos cursando unha mestría de 2004 a 2006 e un doutoramento de 2007 a 2011. As tres teses que escribiu para obter os seus graos académicos baseáronse en investigacións realizadas en Palenque, a de licenciatura en 2003, El Tablero de K'an Tok: reconstrucción, análisis epigráfico e implicaciones historiográficas en una inscripción glífica maya del Grupo XVI, Palenque, Chiapas, a de mestría en 2006, El trono de K'inich Ahkal Mo' Nahb': una inscripción glífica del Templo XXI de Palenque e a de doutoramento en 2011: El señorío de Palenque durante la Era de K'inich Janaahb' Pakal y K'inich Kan B'ahlam (615-702 d. C.). Realizou diversos cursos de especialización e participado en varios seminarios sobre escritura xeroglífica maia e náhuatl, así como de lingua ch’ol.[1]

Investigador editar

De 1998 a 2005 colaborou para o Proxecto Arqueolóxico Palenque, chegando a ser director do Museo Alberto Ruz Lhuillier do Instituto Nacional de Antropoloxía e Historia (INAH). Dende 2006, é investigador de tempo completo do Centro de Estudos Maias do Instituto de Investigacións Filolóxicas (IIFI) da Universidade Nacional Autónoma de México.[2] Os resultados das súas continuas investigacións sobre a historia dinástica e da vida cerimonial de Palenque publicounos en artigos de divulgación en revistas especializadas, así como nalgúns libros, de tal forma, que é citado frecuentemente por outros arqueólogos e historiadores. É un asiduo participante das Mesas Redondas de Palenque.[3]

Notas editar