Enrique Florescano

historiador e escritor mexicano

Enrique Florescano Mayet, nado en San Juan de Coscomatepec (Veracruz) 1937 e finado o 6 de marzo de 2023,[1] foi un historiador mexicano. Foi historiador pola Universidade Veracruzana. Foi ademais mestre polo Colexio de México e doutor pola École Pratique des Hautes Études. As súas investigacións abrangueron practicamente toda a historia de México, sendo as máis notables as feitas sobre o período mesoamericano, centrando a súa atención sobre aspectos relixiosos, míticos e sobre a figura de Quetzalcóatl. Foi membro do Consello Consultivo de Ciencias da Presidencia da República.[2]

Infotaula de personaEnrique Florescano
Biografía
Nacemento8 de xullo de 1937 Editar o valor em Wikidata
Coscomatepec, México (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte6 de marzo de 2023 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMéxico Editar o valor em Wikidata
EducaciónSorbona - historia (1966–1967)
El Colegio de México (pt) Traducir - ciencia histórica (1962–1964)
Universidad Veracruzana (pt) Traducir - ciencia histórica, dereito (–1960) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoHistoria Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , historiador Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
2016Santiago International Book Fair 2016 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAlejandra Moreno Toscano
Premios

BNE: XX876504

Traxectoria

editar

En 1956 ingresou na Facultade de Dereito da Universidade Veracruzana, en Xalapa. A partir de 1958 decidiu estudar, simultaneamente á avogacía, a carreira de historia. Nese mesmo ano fundou a revista "Situaciones", unha publicación mensual estudantil da Facultade de Filosofía e Letras, e creou o suplemento cultural do Diario de Xalapa, que dirixiu até 1960. En 1965 obtivo o grao de Mestría en Historia Universal no Colexio de México.

O 21 de xuño de 1967 presentou a tese Les Prix du mais a México 1708-1813, para obter o grao de doutor en Historia na Universidade de París. En 1968 incorporouse como investigador de tempo completo no Centro de Estudos Históricos do Colexio de México. En 1969 outorgóuselle nomeamento como profesor titular do Seminario de Historia Económica de México da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Nacional Autónoma de México. Dende decembro de 1970 e até 1973 dirixiu a revista "Historia Mexicana".

En febreiro de 1971 foi nomeado titular do Departamento de Investigacións Históricas do Instituto Nacional de Antropoloxía e Historia e en decembro do mesmo ano, cando o departamento cambiou a Dirección de Estudos Históricos, quedou á fronte. A permanencia nesta institución levou a que en 1982 recibise o cargo de Director Xeral do Instituto Nacional de Antropoloxía e Historia. O 15 de decembro de 1988 foi nomeado polo doutor Víctor Flores Olea, daquela Presidente do Consello Nacional para a Cultura e as Artes, Coordinador Nacional de Proxectos Históricos, cargo que posteriormente tomaría o nome de Dirección Xeral Adxunta de Proxectos Históricos.

  1. Redacción (6 de marzo de 2023). "Muere Enrique Florescano, ‘el gran historiador de México de todos los tiempos’". El Financiero (en castelán). Consultado o 6 de marzo de 2023. 
  2. Academia Mexicana de la Historia (ed.). "Enrique Florescano Mayet" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de febreiro de 2012. Consultado o 19 de setembro de 2018.