Juneteenth

Juneteenth (oficialmente Juneteenth National Independence Day; tamén Black Independence Day, Jubilee Day, Emancipation Day) é unha conmemoración e festa que conmemora a liberación da poboación afroamericana dos Estados Unidos da escravitude, que se celebra anualmente o 19 de xuño. É a conmemoración máis antiga da emancipación dos escravos nos EEUU e celébrase dende o século XVII.

Celebración do Día da Emancipación en Richmond, Virginia, 1905

Desde xuño de 2021 é festivo nacional oficial. A palabra americana é unha combinación das palabras inglesas June (xuño) e Nineteenth (dezanove), pola data June 19th.

HistoriaEditar

 
Orde Xeral Nº. 3, 19 de xuño de 1865: Infórmase ao pobo de Texas que, […] todos os escravos son libres.

O presidente Abraham Lincoln emitiu o 22 de setembro de 1862 a Proclamación de Emancipación que aboliu a escravitude. Ela entrou o 1 xaneiro de 1863 naqueles estados do sur que daquela aínda formaban parte dos Estados Confederados de América. O regulamento non tivo ningún efecto xuridicamente vinculante para os estados da Unión. Non obstante, esta Orde Executiva foi un primeiro paso crucial para a abolición completa da escravitude nos Estados Unidos.

A Proclamación de Emancipación foi promulgada nos estados do sur derrotados durante a Guerra civil o 19 de xuño de 1865. A proclamación foi feita en Galveston, Texas polo xeneral ao mando das tropas da Unión, Gordon Granger. O Juneteenth foi celebrado extraoficialmente como un día de conmemoración desde 1866.

Celebración histórica e festividadeEditar

Celebrado en Galveston en 1866, un ano despois do anuncio da abolición da escravitude polo xeneral Granger, o evento de conmemoración da emancipación dos escravos afroamericanos celebrábase cada ano en todos os estados do país, aínda que non oficialmente até 1980.

Texas foi o primeiro estado en adoptar Juneteenth como festivo en 1979, aplicándoo ao ano seguinte. Varios outros estados uníronse máis tarde e seguiron aos poucos os pasos do estado do sur. Tamén o fixeron Florida en 1991, Oklahoma tres anos despois e Minnesota en 1996. Entre 2000 e 2009, 31 estados apoiaron iniciativas similares, e uns 13 outros durante a seguinte década. En 2021Dacota do Sur non recoñecera o evento como festivo no seu territorio.

 
Anuncio Celebración Juneteenth no Seattle Center, Seattle, 19-22, xuño de 1980

A congresista Sheila Jackson Lee fixo campaña para que Juneteenth fose un festivo federal. O 17 de xuño de 2021, dous días antes da celebración, o presidente Joe Biden asinou a lei que converte a Juneteenth nunha festa nacional. Acompañou o acto cun comentario en Twitter tras asinar o documento: "Non podemos descansar até que a promesa de igualdade, para cada un de nós, se cumpra en todos os recunchos desta nación. Este é o significado de Juneteenth".

Este día tamén se celebra na cidade de Coahuila, México, onde en 1852 se refuxiaron os mascogos, descendentes dos seminoles negros, que fuxiron do sistema escravista estadounidense.

 
Mural conmemorativo en Texas

Juneteenth foi introducido como un día festivo en Texas en 1980 por iniciativa do congresista Al Edwards.[1]

En 2020, o día de conmemoración recibiu especial atención: por unha banda, tras o asasinato de George Floyd o 25 de abril; por outra banda, a intención do presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, de realizar o acto inaugural da súa campaña electoral (despois dunha pausa por mor da pandemia de coronavirus) o 19 de xuño en Tulsa —o lugar do masacre de Tulsa— provocou protestas.[2][3][4]

O 16 de xuño de 2021, o Congreso dos Estados Unidos aprobou unha lexislación que convertía o día en festivo federal. A aprobación da lei foi esmagadora na Cámara dos Deputados, con 415 votos a favor e só 14 en contra, e mesmo ningún no Senado. Todos os votos disidentes proviñan de membros do Partido Republicano.[5] Un día despois, o presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, asinou a lei que introducía o festivo;[6][7][8] É o 11º festivo federal nos Estados Unidos.[9]

NotasEditar

  1. CNN, Doug Criss. "All but four US states celebrate Juneteenth as a holiday". CNN (en inglés). Consultado o 2022-06-19. 
  2. Thorsten Denkler: Trump aus dem Tritt. Süddeutsche Zeitung, (en alemán) 21 de xuño de 2020.
  3. Jillian Berman: One day after Juneteenth, Trump will hold a rally in Tulsa, where a massacre destroyed ‘Black Wall Street’ nearly 100 years ago. Market Watch, 1 de xuño de 2021; (en inglés)
  4. Ashley Lee: ‘A crime upon a crime’: Trump’s Tulsa rally gives ‘Watchmen’ episode new resonance. Los Angeles Times, 19 de xuño de 2020; (en inglés)
  5. CNN, Annie Grayer e Daniella Diaz. "Congress passes bill making Juneteenth a federal holiday". CNN (en inglés). Consultado o 19 de xuño de 2022. 
  6. "Bill Signed: S. 475". The White House (en inglés). 2021-06-17. Consultado o 2022-06-19. 
  7. "A Proclamation on Juneteenth Day of Observance, 2021". The White House (en inglés). 2021-06-18. Consultado o 2022-06-19. 
  8. "Remarks by President Biden at Signing of the Juneteenth National Independence Day Act". The White House (en inglés). 2021-06-18. Consultado o 2022-06-19. 
  9. CNN, Kate Sullivan and Maegan Vazquez. "Biden signs bill into law making Juneteenth a national holiday". CNN. Consultado o 2022-06-19. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar