Julio Otero Mirelis
Julio Otero Mirelis, nado en Ponte Arnelas (Ribadumia) cara a 1895 e finado en Madrid o 25 de xuño de 1979,[1] foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1895 Ribadumia, España |
Morte | 25 de xuño de 1979 (83/84 anos) Madrid, España |
Gobernador civil da provincia de Ourense | |
Gobernador civil da provincia de Pontevedra | |
Gobernador civil da provincia de Zaragoza | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
Partido político | Partido Republicano Radical |
Traxectoria
editarEstudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Instalouse como procurador na Coruña en 1924.[2] Na República militou no Partido Republicano Radical e foi nomeado gobernador civil de Pontevedra o 14 de setembro de 1933, pasando o 20 de decembro a ser gobernador de Ourense e o 28 de xuño de 1934 de Zaragoza, posto no que permaneceu ata o 20 de agosto de 1935. Nas eleccións de febreiro de 1936 foi candidato a deputado polo PRR na provincia de Pontevedra, non saíu elixido e foi detido por manexos electorais xunto con Emiliano Iglesias. Desde o cárcere de Pontevedra publicaron unha carta dicindo que “han sido víctimas de una infame maniobra de sus enemigos políticos […] que engañan descaradamente a la opinión, con la finalidad de lanzar a las masas izquierdistas contra ellos, […] Así que se ven obligados a abandonar Galicia”.[3] O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 pillouno na zona leal e durante a Guerra civil permaneceu nela.[4] Regresou a Galicia ao rematar a guerra,[5] e seguiu exercendo a súa profesión de procurador. Despois foi procurador en Madrid.
Vida persoal
editarCasou na Coruña con María de los Remedios Pérez Rodríguez en novembro de 1922[6] e foi pai de Julio Antonio Otero Pérez.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Serrallonga i Urquidi, Joan (2007). "El aparato provincial durante la Segunda República. Los gobernadores civiles, 1931-1939" (PDF). Hispania Nova (7). Consultado o 22 de xaneiro de 2013.