Julio Lois Meijomil

mestre e político galego

Julio Lois Meijomil, nado en Agrosagro (Carboentes, Rodeiro) en 1911 e finado na Latiza (Álceme) en 1980, foi un mestre e político galego.

Modelo:BiografíaJulio Lois Meijomil
Biografía
Nacemento1911 Editar o valor en Wikidata
Agrosagro, España Editar o valor en Wikidata
Morte1980 Editar o valor en Wikidata (68/69 anos)
A Latiza, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, político Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosRubén Lois Calviño Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 7525

Traxectoria

editar
 
Escola da Latiza.

Estudou no Seminario Menor de Lugo. Despois pasou a Escola Normal de Pontevedra, onde acadou o título de mestre en 1933, e foi destinado á escola de San Xoán de Camba. De ideoloxía republicana, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi depurado. Foi suspendido de emprego e soldo durante 13 meses. Reingresou no maxisterio pero foi trasladado a Fozara. En 1946 pasou a Sabadelle, onde permaneceu até 1950.

A partir dese ano exerceu como mestre na escola da Latiza (Álceme) onde se xubilou en 1969.[1] Foi correspondente de El Pueblo Gallego en Rodeiro. Cara a 1967 participou no programa Misión Rescate de Radio Nacional de España-TVE, e comezou a recoller restos arqueolóxicos.[2] Nos anos setenta foi xuíz de paz de Rodeiro e nas primeiras elección democráticas intentou encabezar a candidatura da UCD en Rodeiro, aínda que sen éxito.

Vida persoal

editar

Casou con Amadora Calviño Calvo e foi pai de Rubén Víctor (1935-2020), Carlos Mario (1936-2012) e José Luís Lois Calviño (1940).

  1. Antonio Presas (16 de abril de 2006). "O mestre Julio Lois de Latiza". Faro de Vigo (en castelán). 
  2. "Julio Lois recupera a súa aula da Latiza". Faro de Vigo (en castelán). 1 de abril de 2019.