Julio Llorca, nado en Vigo o 28 de decembro de 1969, é un músico galego. Desenvolve a súa carreira musical como baixista en numerosas bandas, tanto a nivel local coma nacional.

Infotaula de personaJulio Llorca
Biografía
Nacemento28 de decembro de 1969 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A finais da década dos 80, inicia a súa traxectoria musical na banda de rock progresivo Madeleine Green como cantante solista e baixista. En 1991, colle as rendas como voz principal do grupo heavy Soga. En 1992, únese á formación pop rock Flor de Veneno como baixista e voz. En 2004, funda, xunto con Paco Araújo (La Supersonic, Desertores) e Alberto Lopo (Spanish Castle Magic), Doctor No, unha banda de versións de rock, onde exerce como baixista e voz. En 2008, pasa a ser o baixista e corista da Breogain Soul Band, liderada por Toño López (The Soul Jacket). En 2009, convértese en baixista de Inmigrantes y Legales, unha banda de rock latino.

A comezos de 2010, crea xunto con Diego Alcántara, Paco Araújo e Alberto Lopo, El jardín de Lili, onde fusionan rock arxentino e rock en español. Nese mesmo ano, parte da antiga formación da Breogain Soul Band xúntase para formar un novo proxecto de música soul, Blackingstones. En 2012, incorpórase a Los Currichos, liderada por Joaquín Morgado (Bromea o Qué?). En 2013, únese a The Tribe's Band (banda que tamén recibía o nome de M80 Band cando actuaba en representación da emisora do grupo Prisa Radio) como baixista e voz. Nese mesmo ano, funda xunto con Joaquín Morgado, Paco Araújo e Alberto Lopo The Hendersons, unha banda tributo a The Beatles. En 2014, convértese en baixista de Carmen Johns. Na actualidade, forma parte doutros proxectos musicais como Black Stereo e El Sol Desnudo.

Colaboracións editar

Ao longo da súa traxectoria musical, colaborou en diversas bandas, entre as que destacan Green Water (tributo a Creedence Clearwater Revival) e Mitic El Espectáculo.

Tributos editar

Na actualidade, traballa como baixista na produtora musical Mundo Tributo, onde forma parte do elenco principal dos espectáculos Remember Queen, Michael Legend, Ciao Raffaella e Elton Song.