Julio Balboa López

avogado e xuíz galego

Julio Balboa López, nado en Muxía en setembro de 1905 e finado en Santiago de Compostela o 7 de febreiro de 1993,[1] foi un avogado, xuíz e maxistrado galego.

Infotaula de personaJulio Balboa López
Biografía
Nacementosetembro de 1905 Editar o valor em Wikidata
Muxía, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de febreiro de 1993 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , xuíz Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiFrancisco Manuel Balboa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Francisco Manuel Balboa Lagoa e de Fe López Avente (curmá de Eduardo Pondal Abente). Membro numerario do Seminario de Estudos Galegos, realizou o seu ingreso o 17 de xaneiro de 1924 co traballo "Muxía e o Santuario da Barca".[2] Licenciado en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, con premio extraordinario de licenciatura, en 1927.[3] Accedeu, por oposición, a carreira xudicial en 1931,[4] e foi xuíz de primeira instancia de Aliaga, O Carballiño (1931-1936) e Noia (1936-1947). Ascendeu a maxistrado en 1947 e foi destinado á Audiencia de Pontevedra[5]. Xubilouse como maxistrado da Audiencia Provincial de Donostia.

Vida persoal editar

Casou con Maruja Durán Puertas en 1931,[6] e tivo tres fillos: María de la Concepción, María del Carmen e Julio Balboa Durán.

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 8-2-1993, p. 70.
  2. El Ideal Gallego, 3-2-1925, p. 4.
  3. El Ideal Gallego, 1-10-1927, p. 3.
  4. El Ideal Gallego, 17-3-1931, p. 1.
  5. La Noche, 24-4-1947, p. 2.
  6. El Compostelano, 8-5-1931, p. 1.