Abrir o menú principal

Judy Chicago

artista estadounidense

Judy Chicago, nada en Chicago o 20 de xullo de 1939, é unha pintora, escultora, educadora, escritora e pioneira da arte feminista estadounidense. Foi recoñecida pola crítica na década de 1970 pola súa obra The Dinner Party.

Judy Chicago
Judy Chicago.jpg
Nacemento20 de xullo de 1939
 Chicago
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de California, Os Ánxeles
Ocupaciónpintora, escultora, escritora, artista plástica e feminista
Coñecido/a porThe Dinner Party
PremiosVictorian Honour Roll of Women e Women's Caucus for Art Lifetime Achievement Award
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

A nai de Judith Sylvia Cohen, coñecida como Judy Chicago, transmitiu ós seus fillos a súa paixón pola arte. Esta influencia sería decisiva tanto para a carreira artística de Judy, como para a do seu irmán Ben como ceramista. Ós tres anos empezou a debuxar, e ós cinco xa tiña claro que se quería dedicar ó mundo da arte. Fixo as probas para entrar no Instituto de Arte de Chicago, pero non as superou.

O ano 1957, grazas a unha bolsa, trasladouse ós Ánxeles para comezar a estudar na School of Art na Universidade de California. Durante os anos de universidade converteuse en activista política e empezou a deseñar carteis para a UCLA NAACP (National Association for the Advancement of Colored People) e finalmente converteuse en secretaria desta asociación.[1]

En 1959 coñeceu a Jerry Gerowitz, deixou a escola e fóronse a vivir xuntos. Por primeira vez, Judy tería un estudo propio para traballar. Un ano máis tarde matriculouse de novo na universidade para rematar os seus estudos. A parella casou en 1961 e ó ano seguinte licenciouse en Belas Artes e converteuse nun membro do Phi Beta Kappa Society. Só un ano despois, Jerry Gerowitz morreu nun accidente automobilístico, traxedia que marcou profundamente a Judy. O ano 1964, obtivo o mestrado en Belas Artes da Universidade de California.

En 1965, realizou a súa primeira exposición individual na galería de Rolf Nelson nos Ánxeles. Catro anos máis tarde, en 1969, realizou unha mostra dunha serie de esculturas esféricas de plástico acrílico e unha serie de debuxos no Museo de Arte de Pasadena. A crítica afirmou que o traballo de Judy estaba na vangarda da arte conceptual. Tamén se iniciou ó mesmo tempo no eido das performance: a través do uso de fogos artificiais e pirotecnia creaba atmosferas para tentar “suavizar e feminizar” a paisaxe. Nesta época, Judy empeza a explorar a sexualidade na súa obra. Crea os Lifesavers Pasadena, unhas pinturas acrílicas abstractas sobre plexiglás. Segundo a artista, esta obra representaba o punto de inflexión no seu traballo en relación á sexualidade e a representación das mulleres.

Cambio de nomeEditar

Judy estaba a crear un nome como artista, pero sentíase desconectada do seu apelido "Cohen", que recibira do seu pai. Tamén do que adquirira ao casar, "Gerowitz". Decidiu cambiar o apelido por outro independente, que non estivese vencellado a ningún home, nin por matrimonio nin por herdanza. O galerista Rolf Nelson púxolle o alcume de Judy Chicago, xa que segundo el, Judy tiña un forte acento de Chicago. De maneira que Judy decidiu adoptalo como propio. Para cambiar legalmente o nome tivo que conseguir a sinatura do que por entón era o seu marido (Lloyd Hamrol). Para celebrar o cambio de nome, creou unha invitación vestida como unha boxeadora, cun suadoiro no que puña o seu novo nome. Esta invitación publicouse na revista Artforum en outubro de 1970.

Carreira artísticaEditar

Movemento feminista dos anos 70Editar

No ano 1970, Judy Chicago organizou o primeiro curso de arte feminista no CalArts, California State College, de Fresno. O ano seguinte, conxuntamente con Miriam Schapiro, fundou e impartiu o primeiro programa de arte feminista na California School of Art dos Ánxeles.

WomanhouseEditar

En 1972, Chicago e Schapiro, en colaboración con 21 estudantes do seu programa, crearon o proxecto Womanhouse. Nunha propiedade baleira dos Ánxeles, recrearon dezasete ambientes que facían referencia á discriminación que sufrían as mulleres dentro do eido doméstico. Na cociña recrearon temas arredor da nutrición, en referencia á “mater nutricia”, e no baño unha reflexión sobre a menstruación.[2] Nesta instalación tamén se realizaron algunhas representacións feministas como Cock and Cunt Play, creada por Chicago.

The Dinner PartyEditar

En 1973 fundou o “obradoiro de estudos feministas”, un espazo de exposicións para arte feminista onde tamén se impartían clases de arte. A partir do ano seguinte empezou a traballar no que sería o seu proxecto máis icónico: The Dinner Party. A execución desta obra realizouse entre 1974 e 1979, consistía na recreación dunha cea imaxinaria para mulleres de sona. As convidadas eran dende personaxes históricas ou mitolóxicas (Deusa Primixenia) até pintoras contemporáneas (Georgia O'Keeffe) que influíran directamente na obra de Chicago.[3] As protagonistas cearían arredor dunha mesa en forma de triángulo equilátero, en cada un dos lados do triángulo atopábanse trece servizos cos seus correspondentes manteis, pratos, copas e cubertos co nome dun personaxe feminino famoso (Gaia, Hatshepsut, Safo de Mitilene, Leonor de Aquitania, Christine de Pizán, Emily Dickinson ou Virginia Woolf...).[4] O chan sobre o cal se apoiaba a mesa estaba formado por case 2000 pezas de cerámica branca en forma triangular onde estaban escritos en letras douradas os nomes de 999 mulleres que contribuíron positivamente na historia das mulleres.[5] A obra presentouse por primeira vez no Museo de Arte Moderna de San Francisco o ano 1979. Despois de ser exposta en diferentes países, dende 2007 a obra atópase en exposición permanente no Centro de Arte Feminista Elisabeth Al Sackler no Museo de Brooklyn, en Nova York.

NotasEditar

  1. Gerhard, Jane F. The Dinner Party. Judy Chicago and the power of popular feminisme. 1970-2007. (en inglés). University of Georgia Press., 2013. ISBN 0820344575.
  2. Aliaga, Juan Vicente. Arte y cuestiones de género. Una travesía del siglo XX. (en castellano). San Sebastián: Nerea, 2004. ISBN 9788489569898.
  3. Grosenick, Uta. Woman Artist. Mujeres Artistas de los siglos XIX y XX (en castellano). Colonia: Taschen, 2001, p. 576. ISBN 3-8228-1728-7.
  4. Escudero, Jesús Adrián. «Estéticas feministas contemporáneas ( o de cómo hacer cosas con el cuerpo)». Anales de la Historia del Arte. 2013.13, 2013, pàg. 287-305.
  5. Alario Trigueros, María Teresa. Arte y feminismo (en castellano). San Sebastián: Nerea, 2008. ISBN 9788496431232.