Jude o escuro

novela de Thomas Hardy
(Redirixido desde "Jude the Obscure")

Jude o escuro[1] (en inglés: Jude the Obscure) é a última novela completa do autor inglés Thomas Hardy. Inicialmente apareceu en revistas e foi publicada por vez primeira en forma de libro no ano 1895.

Jude o escuro
Jude the Obscure title page.jpg
Cuberta da edición orixinal en lingua inglesa de 1895.
Título orixinalJude the Obscure
Autor/aThomas Hardy
OrixeInglaterra Inglaterra
Linguainglés
Xénero(s)Narrativa
EditorialOsgood, McIlvaine, & Co.
editorial Hugin e Munin
Data de pub.Inglaterra 1895
Galicia 2014
Precedido porTess of the d'Urbervilles
Seguido porThe Well-Beloved
TraduciónMaría Fe González

Foi traducido ó galego por María Fe González[2] e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2014.[1]

Trama e característicasEditar

Trátase dunha novela extensa na que o protagonista, Jude Fawley, é un mozo orfo de clase baixa que traballa como restaurador e eslumece por entrar na Universidade e devir un erudito. O outro personaxe principal é Sue Bridehead, a súa curmá. Entre eles existe un nexo íntimo que supón un dos elementos centrais da obra. Outros temas que trata son a cuestión de clase, a educación, a relixión e os seus dogmas ou o concepto de matrimonio.

Adaptacións a outros formatosEditar

A novela foi adaptada ao cinema e á televisión. Así, existe o filme Jude the Obscure, de 1971, dirixido por Hugh David, cos actores Robert Powell and Fiona Walker. Tamén hai unha versión máis actual, Jude, de 1996, do realizador Michael Winterbottom, coa participación dos actores Christopher Eccleston e Kate Winslet.

Fíxose tamén un musical, cuxo libreto é de Ian Finley, e que foi estreado no Burning Coal Theatre Company de Raleigh en abril de 2012.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Jude o escuro. Traducido por María Fe González (1ª ed.). Santiago de Compostela: Editorial Hugin e Munin. 2014. ISBN 978-84-942005-8-8 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. Editorial Hugin e Munin (ed.). "Catálogo da Editorial Hugin e Munin (actualizado o 1 de xaneiro de 2019)" (PDF). p. 27. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de abril de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar