Juan Varela

xornalista español

Juan Varela, nado en Betanzos o 10 de outubro de 1964, é un xornalista galego. Ao longo da súa carreira alternou o seu labor como xornalista coa docencia e a asesoría en diferentes grupos de comunicación. Actualmente (2010) é director de Mediathink Consultores e colaborador habitual de Soitu, do diario Público e da Axencia Colpisa (Vocento).

Infotaula de personaJuan Varela

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de outubro de 1964 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Betanzos, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Navarra Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Completou os seus estudos de Ciencias da Información na Universidade de Navarra en 1987 e cursou estudos de doutoramento en Empresa Xornalística na Universidade Complutense de Madrid.

Comezou a súa carreira profesional como redactor en EL Ideal GalLego da Coruña, eL Correo de Andalucía de Sevilla, e nos diarios de ámbito nacional do Grupo Prisa El País e Cinco Días. Tamén foi subdirector de Diario 16 e de El Periódico de Catalunya e redactor xefe de edición do diario El Sol, recibindo varios premios da Society for News Design polo seu traballo no deseño destes xornais.

Foi o creador e primeiro director de ADN.ES, a aposta informativa en Internet do Grupo Planeta.

Exerceu a docencia na Facultade de Comunicación da Universidade de Navarra e en varias organizacións xornalísticas internacionais como a IFRA, a World Association of Newspapers (WAN) ou a Adepa (Arxentina).

Como consultor destaca polo seu labor como director en Mediathink Consultores, S.L. ademais de ser un dos fundadores e membros do consello editorial de Cuadernos para periodistas, a revista da Asociación da Prensa de Madrid (APM). Así mesmo traballou como asesor xornalístico do grupo Vocento, destacando como director dos proxectos de lanzamento de varios xornais do grupo. Como consultor xornalístico dirixiu e realizou renovacións nun centenar de medios de Europa e Latinoamérica.

Tamén é o autor do blog sobre xornalismo e medios Periodistas 21, que recibiu o premio BOBs - Deutsche Welle ao Mellor Blog Xornalístico en Español 2004.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar