Abrir o menú principal

Juan Pardo de Tavera

(Redirixido desde "Juan Tabera")

Juan Pardo Tavera, nado en Toro (provincia de Zamora) o 16 de maio de 1472 e finado en Toledo o 1 de agosto de 1545, foi un relixioso castelán, arcebispo de Santiago de Compostela e de Toledo.

Juan Pardo de Tavera
Cardenal Tavera.jpg
O Cardeal Tavera pintado por El Greco
Nacemento16 de maio de 1472
 Toro
Falecemento1 de agosto de 1545
 Valladolid
SoterradoProvincia de Toledo
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade de Salamanca
Ocupaciónsacerdote católico
editar datos en Wikidata ]
Escudo do Arzobispo.

TraxectoriaEditar

Formado en Leis e Teoloxía, sobriño do bispo Diego de Deza, foi Conselleiro da Inquisición española e Reitor da Universidade de Salamanca a principios do século XVI. No ano 1514 foi nomeado Bispo de Ciudad Rodrigo. Nesta época traballou preto da Corte de Carlos V e obtivo da súa man o Bispado na diocese de Osma. Presidiu o Consello de Castela e a Chancelería de Valladolid. A súa dedicación á Coroa permitiulle chegar a obter o arcebispado da arquidiocese de Santiago de Compostela, ao mesmo tempo que presidía as Cortes de Toledo e as de Valladolid no ano 1525.

Obtivo o cardealato o 22 de febreiro de 1531 polo papa Clemente VII e, tres anos máis tarde obtivo a arquidiocese primada de Toledo. Renunciou ao Consello de Castela para facerse cargo do posto de Inquisidor xeneral no ano 1539.


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Francisco Ruiz
 Bispo de Ciudad Rodrigo 
1514 - 1523
Sucesor:
Pedro Portocarrero


Predecesor:
Alfonso Enríquez
 Bispo do Burgo de Osma 
1523 - 1524
Sucesor:
Juan García Loaysa


Predecesor:
Alonso III de Fonseca
 Arcebispo de Santiago de Compostela 
1525 - 1534
Sucesor:
Pedro Gómez Sarmiento


Predecesor:
Alonso III de Fonseca
 Arcebispo de Toledo 
15341545
Sucesor:
Juan Martínez Silíceo

Véxase taménEditar