Juan Pedro Aladro Kastriota

Diplomático e político español, pretende ao trono albanés

Juan Pedro Aladro Kastriota, nado en Porto Real ou Xerez da Fronteira (Cádiz) o 8 de maio de 1845 e finado en París o 17 de febreiro de 1914, foi un diplomático e político español, escollido deputado por Vilalba en 1872. Descendente da nobreza albanesa, foi partidario da independencia de Albania e pretendente ao trono dese país.

Infotaula de personaJuan Pedro Aladro Kastriota

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Juan Pedro Aladro y Castriota y Pérez y Velasco Editar o valor em Wikidata
8 de maio de 1845 Editar o valor em Wikidata
Xerez da Fronteira, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de febreiro de 1914 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomático , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Naceu como fillo non recoñecido do bodegueiro Juan Pedro Domecq Lembeye e de Isabel Aladro Pérez, membro dunha rica familia gaditana. Os temores polas circunstancias do embarazo da nai, fixo que esta fose alonxada de Cádiz e que Juan Pedro de Aladro fose rexistrado como fillo non da súa nai Isabel, senón como da súa avoa materna.[1] Estou no Colexio San Filipe Neri en Cádiz antes de trasladarse á Universidade de Sevilla onde fixo estudos de Dereito. Antes de rematalos, no ano 1866, ingresou no servizo diplomático.[2] En 1866, Juan Pedro Domecq Lembeye, sen ter descendencia lexítima, afillouno por arrogación mediante a unha Real Graza de Isabel II, deste xeito, cando Juan Pedro Domecq morreu en 1869, legou a Juan Pedro de Aladro a súa fortuna.

Dende xaneiro de 1867, Juan Pedro desenvolveu unha importante carreira diplomática: agregado na embaixada en Viena, foi logo secretario nas de París en 1869, Bruxelas en 1870 e A Haia en 1872, da que logo, en 1881, foi ministro plenipotenciario, e en Bucarest en 1883. Nese ano, aínda que non tomou posesión, foi nomeado ministro plenipotenciario en Caracas.[1]

En abril de 1872 concorreu ás eleccións xerais polo distrito de Vilalba, nelas recibiu 4538 votos sobre un total de 4710 sufraxios emitidos.[3] Mais, Juan Pedro de Aladro non tiña vencello algún nin con Vilalba nin con Galicia.[4]

 
Postal propagandista da causa de Juan Pedro Aladro Kastriota

Amigo persoal de Afonso XII, abandonou a carreira diplomática logo da morte do rei.[4] Trasladouse a París onde comezou a apoiar á causa da independencia de Albania do Imperio Otomán e, sustentando que a súa bisavoa materna era a princesa Kastriota, descendente por liña directa do heroe albanés Skanderberg,reivindicou os seus dereitos sobre o trono de Albania poñendo a súa fortuna a esta finalidade.[2] Á súa conta editáronse publicacións propagandistas en Bruxelas, Bucarest, Sofía, Nápoles, Venecia, Atenas e Alexandría. Axudou a crear comités albaneses pola independencia en Italia, Grecia e Exipto e, no ano 1899, a Liga de Patriotas proclamouno líder do Partido Nacional Albanés.[4][5] Cultivou relacións con gobernos europeos para que o apoiaran nas súas reclamacións, sendo especialmente estreitos os contactos con Italia e a Santa Sede, mesmo o papa León XIII recibiuno con honras propias dun rei.[1] Tamén publicou unha novela por entregas Sotir e Mitka. Loitou pola independencia de Albania derrotando a tropas turcas en Develik.[6] Con todo, unha vez lograda a independencia en 1912, fracasou no seu intento de ser escollido soberano pois en 1914 o escollido foi o príncipe alemán Guillerme de Wied. O seu pasamento tivo lugar en París o 17 de febreiro de 1914.[7]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Juan Pedro Aladro Kastriota". dbe.rah.es. Consultado o 2023-09-23. 
  2. 2,0 2,1 Simó, Juan P. (2013-11-17). "El increíble Juan Pedro Aladro kastriota". Diario de Jerez (en castelán). Consultado o 2023-09-23. 
  3. "ALADRO KASTRIOTA JUAN PEDRO DE . 29. Elecciones 2.4.1872 - Congreso de los Diputados". www.congreso.es. Consultado o 2023-09-23. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Barreiro Fernández, Xosé Ramón; López Morán, Beatriz; Mínguez Goyanes, Xosé Luís. "Parlamentarios de Galicia". Real Academia Galega. p. 40. Consultado o 2023-09-23. 
  5. "El rey de Albania". El Regional. 03-05-1902. Consultado o 23-9-2023. 
  6. "Aladro Kastrioti, Juan Pedro - Auñamendi Eusko Entziklopedia". aunamendi.eusko-ikaskuntza.eus (en castelán). Consultado o 2023-09-23. 
  7. El Progreso : semanario independiente: Ano VIII Número 1286 - 22 de febreiro de 1914. Pontevedra: [s.n.] 1914-02-22. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar