Juan Manuel Dios Oubiña

mestre e político galego


Juan Manuel Dios Oubiña, nado na Illa de Arousa en 1957, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Modelo:BiografíaJuan Manuel Dios Oubiña
Biografía
Nacemento1957 Editar o valor en Wikidata (66/67 anos)
A Illa de Arousa, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Vilanova de Arousa
1989 – 1995
← José Vázquez GarcíaGonzalo Durán Hermida → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, político Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Licenciado en Maxisterio. Nas eleccións municipais de 1987 foi elixido concelleiro do PSdeG-PSOE en Vilanova de Arousa, sendo nomeado primeiro tenente de alcalde. Trala dimisión do alcalde José Vázquez García, foi elixido alcalde o 31 de agosto de 1989. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura socialista e foi reelixido alcalde con maioría absoluta. Durante o seu mandato iniciouse o proceso de segregación da Illa de Arousa de Vilanova de Arousa, sendo encabezado polo propio Dios Oubiña, xa que el e gran parte dos socialistas eran arousáns. Esta situación supuxo unha fenda no PSdeG local entre os militantes vilanoveses e arousáns, polo que de cara ás municipais de 1995 o partido concorreu dividido cos arousáns baixo o paraugas de Arousa Unida (encabezada por Dios Oubiña) e os vilanoveses co PSdeG (encabezados por José Manuel Losada Millán). Os resultados supuxeron a vitoria do PPdeG de Gonzalo Durán con maioría absoluta, se ben na Illa Arousa Unida logrou case 2/3 dos votos (na Illa o PSdeG acostumaba a lograr moi bos resultados), conseguindo 4 concelleiros, mentres que os socialistas vilanoveses lograron tan só 2 edís.

O 21 de novembro de 1996 a Consellería de Xustiza aprobou un decreto polo cal facía efectiva a segregación da Illa de Arousa de Vilanova de Arousa, constituíndose posteriormente unha comisión xestora integrada por 11 membros en proporción ós resultados das municipais de 1995 na Illa. Desta forma, Arousa Unida lograba 9 representantes e o PPdeG 2. Os edís de Arousa Unida dimitiron como edís en Vilanova sen cubrir as vacantes. Desta forma, o 1 de xaneiro de 1997 o concello insular botaba a súa andaina oficial sendo elixido Dios Oubiña presidente da comisión xestora. De cara ás municipais de 1999 optou por non presentarse á reelección e retirarse da política, encabezando o PSdeG-PSOE o xove economista José Manuel Vázquez Vázquez, o cal logrou a alcaldía.

Posteriormente retomou a súa profesión como mestre, exercendo no colexio vilanovés de Tremoedo. Máis tarde exercería como mestre de castelán en París, nun programa do Ministerio de Educación.


Predecesor:
José Vázquez García
  
Alcalde de Vilanova de Arousa
 
1989 - 1995
Sucesor:
Gonzalo Durán Hermida
Predecesor:
novo cargo
  
Presidente da Xestora da Illa de Arousa
 
1997 - 1999
Sucesor:
José Manuel Vázquez Vázquez

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar