Juan José Valle
Juan José Valle, nado en Buenos Aires en 1896 e finado na mesma cidade o 12 de xullo de 1956, foi un militar arxentino que acadau o grao de Tenente Xeneral post mortem. En 1956 encabezou unha errada sublevación cívico-militar contra o goberno militar dirixido polo xeneral Pedro Eugenio Aramburu, autodenominado Revolución Libertadora. Derrotado o movemento, Valle foi fusilado por orde de Aramburu, xunto a outros insurrectos. Por este acto algúns sectores denominaron a aquel goberno militar como "a Fusiladora".
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de marzo de 1904 ![]() Buenos Aires, Arxentina ![]() |
Morte | 12 de xuño de 1956 ![]() Buenos Aires, Arxentina ![]() |
Causa da morte | ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | militar ![]() |
Carreira militar | |
Lealdade | Arxentina ![]() |
Rama militar | Exército Arxentino ![]() |
Rango militar | Xeneral ![]() |
Traxectoria
editarCasado cunha patricia porteña, Dora Cristina Prieto, tiveron unha soa filla, Susana Cristina (1936-2006). Foi enxeñeiro militar aos 22 anos. A súa capacidade profesional e intelixencia permitiulle desenvolver a súa carreira militar nos máis prestixiosos destinos.
Foi destinado ao Colexio Militar como xefe de sección e comandante da Compañía de Enxeñeiros Zapadores Pontoneros. A súa intelixencia e contracción ao estudo motivaron que fose profesor da Escola Superior Técnica.
Foi membro da Comisión de Adquisicións no exterior, en París, Francia, tempo que aproveitou para continuar a mellorar a súa formación profesional.
As súas sobresaíntes aptitudes profesionais levárono a ser nomeado xefe do Batallón 4 de Zapadores Pontoneros en Concepción do Uruguai, e subdirector da Escola de Zapadores, a mesma que a partir de 2006 leva o seu nome, inspector de Enxeñeiros e director xeral de Enxeñeiros ata a finalización da súa carreira coa revolución de setembro de 1955.
Golpe militar de 1955, "revolución libertadora"
editarO 16 de setembro de 1955 comezou unha segunda insurrección militar contra o goberno de iure do Presidente Juan Domingo Perón, que obtén o triunfo o 23 dese mesmo mes. O poder foi asumido por un goberno militar dirixido inicialmente polo Xeneral Eduardo Lonardi, removido pouco despois polo Xeneral Pedro Eugenio Aramburu, quen asumiu o poder o 13 de novembro de 1955. Como parte da política de ilegalización do peronismo, o goberno militar deu de baixa ao Xeneral Juan José Valle.
Levantamento de 1956
editarNa noite do 9 de xuño de 1956 comezou unha insurrección cívico-militar peronista comandada polo xeneral Juan José Valle. O movemento despregouse en varias partes do país, pero foi rapidamente desbaratado, sen que se producisen vítimas.
O goberno militar decidiu efectuar un castigo exemplificante e completamente infrecuente para a historia Arxentina no século XX, dispondo o fusilamento dos sublevados. Entre o 9 e o 12 de xuño de 1956, 27 civís e militares foron fusilados, algúns deles en fusilamentos clandestinos realizados en José León Suárez, antes da orde de lei marcial, relatados nun clásico libro de Rodolfo Walsh titulado Operación Masacre.
Juan José Valle foi fusilado o 12 de xuño de 1956 na Penitenciaría Nacional da Cidade de Bos Aires, actual parque Las Heras, onde se atopa unha placa colocada na súa memoria e a dos demais fusilados.
Escola de Enxeñeiros do Exército Arxentino
editarO 12 de xuño de 2006 en homenaxe a Valle impúxoselle o nome histórico de "Tte. Grl. Juan José Valle" á Escola de Enxeñeiros[1].
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editarFerla, Salvador (1972). Mártires y verdugos. Revelación:Buenos Aires. [1] fragmento consultado o 1/10/2006.
Outros artigos
editarA Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Juan José Valle |