Juan Joaquín Otero
Juan Joaquín Otero Pérez, nado en Vilagarcía de Arousa cara 1893 e finado no mesmo concello o 21 de setembro de 1970,[1] foi un escritor e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (gl) Juan Joaquín Otero Pérez 1893 Vilagarcía de Arousa, España |
Morte | 21 de setembro de 1970 (76/77 anos) Vilagarcía de Arousa, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Membro de | |
Pseudónimo literario | Juan Joaquín |
Traxectoria
editarEstudo no Colexio Minerva de Vigo, onde colaborou en La Concordia e Noticiero de Vigo. Emigrou a Cuba nos primeiros anos do século XX. Foi xefe de redacción de Eco de Galicia (1919-1920) e Heraldo de Galicia e subdirector de Carteles. Publicou poemas en Galicia, Voz Astur, Galicia Gráfica, Alma Gallega, Ecos de España, Carteles e Cuba y España e colaborou en El Progreso. Foi presidente do Club de Leones da Habana e tesoureiro do Instituto Cubano de Cultura Hispánica. En 1955 recibiu a Orde de Isabel la Católica. Residiu no poboado de Güines. Usou o pseudónimo Juan Joaquín. Foi membro correspondente da Real Academia Galega. Regresou a España en abril de 1958.
Obras
editar- Ella... Páginas de amor y de dolor, 1921.
- Palabras de un león, 1943.
- Ideas sobre España y América. La labor de España en el continente americano, 1955.
- Pinceladas humorísticas, 1959.
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 22-9-1970, p. 10.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Domingo Cuadriello, Jorge (2002). Los españoles en las letras cubanas durante el siglo XX. Diccionario Bio-Bibliográfico. Sevilla: Renacimiento. p. 132. ISBN 84-8472-069-1.
Ligazóns externas
editar- Xornalistas na Historia de Vilagarcía de Arousa Arquivado 03 de maio de 2016 en Wayback Machine.