Juan Guzmán

(Redirección desde «Juan Guzmán Tapia»)

Juan Salvador Guzmán Tapia, nado en San Salvador (O Salvador) o 22 de abril de 1939 e finado o 22 de xaneiro de 2021,[1] é un xuíz chileno, coñecido pola instrución de causas contra os militares chilenos implicados en torturas e asasinatos durante a ditadura de Augusto Pinochet.

Infotaula de personaJuan Guzmán

(2005) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Juan Guzmán Tapia Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de abril de 1939 Editar o valor em Wikidata
San Salvador, O Salvador Editar o valor em Wikidata
Morte22 de xaneiro de 2021 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Chile Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeChile Editar o valor em Wikidata
EducaciónPontificia Universidade Católica de Chile
Saint George's College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxuíz , avogado Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJuan Guzmán Cruchaga (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Vida editar

Fillo do poeta e diplomático Juan Guzmán Cruchaga e de Raquel Tapia, pasou a súa infancia en Colombia (1941-43), Venezuela (1948) e Estados Unidos (1943-48 e 1949-51). En 1951 volveu a Chile e dous anos máis tarde trasladouse a Arxentina.

Regresou ao seu país, onde estudou no Saint George's College e onde se licenciou en Dereito na Universidade Católica de Chile en 1965. En 1967 obtivo unha bolsa para estudar Filosofía do Dereito en París (Francia). En 1968 coñeceu a Inés Watine, filla dun membro da Resistencia durante a segunda guerra mundial, con quen casou en 1970 e tivo dúas fillas.

En marzo dese ano partiu aos Estados Unidos para traballar como conselleiro financeiro nun banco de San Francisco e o 30 de agosto retornou a Chile para traballar como xuíz en Panguipulli. Opositor de Allende, apoiou ao principio o golpe de estado do 11 de setembro de 1973 encabezado polo xeneral Augusto Pinochet.

A persecución dos crimes da ditadura editar

Ao ano seguinte foi nomeado xuíz en Santiago de Chile, onde descubriu os crimes da ditadura de Pinochet. En 1983 foi trasladado á Corte de Apelacións de Talca, da que foi presidente en 1986. En 1989 foi designado para a Corte de Apelacións de Santiago, onde foi membro da Corte Marcial ata o retorno da democracia (1990).

En 1998 investigou varias querelas contra Pinochet por homicidio no contexto da «operación Caravana da morte» (setembro de 1973). O 16 de outubro dese mesmo ano, Pinochet foi detido en Londres (Inglaterra), logo da causa seguida polo xuíz español Baltasar Garzón. Entre 1999 e 2004 dirixiu numerosas exhumacións de restos de «detidos desaparecidos», a raíz dos que ideou o delito de «secuestro permanente». En 2000 logrou o desaforo de Pinochet (na súa calidade de senador vitalicio) no marco de 19 delitos de secuestro permanente, aos que se lles sumaron outros 57 casos de homicidio e foi procesado. Con todo, tempo despois a Corte de Apelacións deixou sen efecto o procesamento ao acoller un recurso de amparo da defensa. En 2001 abriuse un novo proceso contra Pinochet, que foi sobresido definitivamente por motivos de saúde (fallo confirmado en 2002).

Obras editar

Guzmán retirouse en 2005 e publicou as súas memorias en francés Au bord du monde. Les Mémoires du juge de Pinochet. Actualmente é o decano da Facultade de Ciencias Xurídicas e Sociais da Universidade Central de Chile. Outras obras súas son La sentencia e Ética profesional del abogado.

Recibiu os premios Jordi Xifra (Universidade de Xirona) e Oscar Romero (Dayton University).

Notas editar

  1. "Fallece Juan Guzmán Tapia, el juez que procesó a Augusto Pinochet". 24Horas.cl (en castelán). 2021-01-22. Consultado o 2021-01-22.