Juan Fernández Merino
Juan Fernández Merino, nado nas Pontes de García Rodríguez e finado na Coruña o 28 de setembro de 1942,[1] foi un xornalista e escritor galego.
Juan Fernández Merino | |
---|---|
As Pontes de García Rodríguez | |
Falecemento | 28 de setembro de 1942 |
A Coruña | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista e escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Emigrou a América sendo neno. Percorreu Brasil, Uruguai e Arxentina e finalmente fixou a residencia na Habana, onde se dedicou á docencia, foi redactor de La Tierra Gallega e publicou poemas en Galicia e outros periódicos galegos da illa co pseudónimo Fernán Minero. A principios do século XX retornou a Galicia e instalouse na Coruña, traballando como funcionario da Xefatura de obras públicas da provincia. En 1912 estreou na Coruña o apropósito Películas locales, escrito con José Llópiz. Fundou e dirixiu Coruña Cómica e colaborou en Vida Gallega, Galicia Pintoresca[2] e o suplemento literario "Nós. Páxinas gallegas do diario da Cruña El Noroeste". En 1918 acadou un premio en Lugo co poema "¡Galicia!". O 28 de agosto de 1919 estreou na Coruña Xan da Cruña e o 12 de marzo do ano seguinte o poema simbólico Dorinda Galicia, que despois retocou e aumentou converténdoo en drama. Publicou un relato en El Eco de Galicia de Buenos Aires, titulado "Os olláparos da corte" e dous textos en El Eco de Galicia da Habana, "A terra dos porcos" e "¡¡Reerguervos!!! Fala un labrego da Cruña".
Finou na Coruña en setembro de 1942 aos 70 anos.
Vida persoalEditar
NotasEditar
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 29-9-1942, p. 3.
- ↑ "Nuestros colaboradores" en Galicia Pintoresca, 47-48, 12-3-1918, p. 5.
- ↑ La Correspondencia Gallega 26-11-1912, p. 1
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Narradores ocasionais do século XIX (Relato breve) (PDF). Santiago de Compostela: CIRP. 2003. pp. 111–112. ISBN 84-453-3736-X. Consultado o 6/11/2013.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.