Juan Constenla Carbón
enxeñeiro e político galego
Juan Manuel Constenla Carbón, nado na Estrada o 24 de xuño de 1964, é un enxeñeiro e político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xuño de 1964 ![]() A Estrada, España ![]() |
![]() | |
Representa: Partido Popular 31 de xaneiro de 2021 – ← María Pilar Ramallo Vázquez Lexislatura: XIV lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro , político ![]() |
Partido político | Partido Popular ![]() |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarEnxeñeiro. Foi director da Escola Taller de Estrada. Foi presidente da xestora do PPdeG da Estrada e secretario xeral do PPdeG da Estrada. Concelleiro na Estrada, foi primeiro tenente alcalde. Nas eleccións xerais de abril de 2019 foi candidato número catro ao Congreso pola provincia de Pontevedra e nas de novembro do mesmo ano foi número cinco. Logo da renuncia da deputada María Ramallo e de Elena Suárez Sarmiento, que preferiu continuar como deputada do Parlamento de Galicia, foi deputado en 2021 mantendo o seu posto de concelleiro da Estrada.[1]
Notas
editar- ↑ "Juan Constenla será diputado en el Congreso pero mantendrá sus carteras locales" (23/1/2021). La Voz de Galicia (en castelán).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Juan Constenla Carbón |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Ficha no Congreso dos Deputados
- "Juan Constenla, nº 4 del PP al Congreso, «ilusionado y con ganas de trabajar»" (24/3/2019). La Voz de Galicia (en castelán).