Juan Carreño de Miranda

artista español

Juan Carreño de Miranda (16141685) foi un pintor español do período barroco, considerado o máis conspicuo representante da Escola de Madrid.

Juan Carreño de Miranda
Carreño de miranda-autorretrato.jpg
Nome completoJuan Carreño de Miranda
Nacemento25 de marzo de 1614
Lugar de nacementoAvilés
Falecemento3 de outubro de 1685
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintor, debuxante e architectural draftsperson
Coñecido porSaint Sebastian, Eugenia Martinez Valleji, called La Monstrua e Eugenia Martínez Vallejo, desnuda
editar datos en Wikidata ]
Retrato do embaixador ruso Piotr Potemkim, 1681-82, Museo do Prado

BiografíaEditar

Carreño naceu en Avilés o 25 de marzo de 1614 no seo dunha familia fidalga asturiana, aínda que seu pai, que tiña o mesmo nome era pintor. Trasladado a Madrid en 1625, realizou o seu aprendizado pictórico nos talleres de Pedro de las Cuevas e de Bartolomé Román. Amigo do tamén pintor Francisco Rizi, como el dedicouse a traballar para igrexas e conventos, obra que devela a influencia dos grandes mestres flamengos: Rubens e van Dyck.

Anos máis tarde, cóidase que a instancia de Velázquez, entrou a servizo do pazo real. No ano 1669 é nomeado pintor do Rei, unha vez falecido Del Mazo, e dous anos máis tarde, en 1671, é xa pintor de Cámara do derradeiro monarca da Casa de Habsburgo, Carlos II. Carreño faleceu en Madrid o día 3 de outubro de 1685.

EstiloEditar

Carreño mostra no seu estilo características velazqueñas, mais nalgunha das súas obras mesmo revela influencias de pintores estranxeiros como van Dyck. Cultivou especialmente o retrato, no que realizou elegantes composicións, e, como foi nota distintiva da pintura española, a temática relixiosa foi moi importante no seu labor. Entre os seus discípulos máis coñecidos figura Pedro Ruíz González.

Obra (selección)Editar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Pérez Sánchez, Alfonso, Pintura y escultura, in R. Menéndez Pidal, Historia de la Cultura Española: El siglo del Quijote: 1580-1680, vol IIº. Madrid. Espasa Calpe. 1996