Juan Bautista Martínez del Mazo

artista español

Juan Bautista Martínez del Mazo, nado posiblemente en Beteta (Cuenca) cara ao 1605 e finado en Madrid en 1667, foi un pintor español, discípulo de Velázquez, que formou parte da chamada Escola de Madrid.

Juan Bautista Martínez del Mazo
La familia del pintor Juan Bautista Martínez del Mazo.jpg
Nacementopost. 1605
Lugar de nacementoCuenca
Falecemento10 de febreiro de 1667
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintor
CónxuxeFrancisca de Silva Velázquez y Pacheco
FillosMaría Teresa Martínez del Mazo y Velázquez
Coñecido porPortrait of Infante Balthasar Carlos
Na rede
WikiTree: Martínez_del_Mazo-1
editar datos en Wikidata ]
Vista de Zaragoza

BiografíaEditar

Del Mazo era conquense de nacemento, fillo de Hernando Martínez e Luisa Bueno del Mazo, foi bautizado o 22 de maio de 1605 na igrexa de San Martiño. Descoñécese como se formou, mais en 1643 era xa mestre pintor e estaba xa en Madrid, logrando entrar no taller de pintura de Velázquez, de quen era xenro ao desposar coa súa filla Francisca o 21 de agosto de 1633. O seu parentesco con Velázquez doulle acceso ao pazo real, sendo en 1645 nomeado pintor do malogrado príncipe Baltasar Carlos, quen lle encargaría copiar afamados cadros, especialmente de cacerías, de importantes pintores flamengos como Paul de Voos, Rubens, e outros. No ano 1646 acompañou ao príncipe até Aragón onde pintaría a súa “Vista de Zaragoza”.

Falecida a súa esposa Francisca en 1654, Juan Bautista casou de novo con Francisca de la Vega (esta é a retratada no lenzo “A familia do artista”, e falecida esta tamén, casaría por terceira vez coa súa cuñada Ana de la Vega.

Activo entre 1645 e 1666, é considerado polo seu estilo o discípulo máis directo de Velázquez, Del Mazo sería tamén pintor do Rei, aínda que non foi o seu pintor de Cámara xamais.

Obra (selección)Editar