Xoán Carlos Alonso
caricaturista, pintor e xornalista galego
(Redirección desde «Juan Carlos Alonso»)
Juan Carlos Alonso Pita, nado en Ferrol o 6 de xullo de 1886 e finado en Buenos Aires o 15 de febreiro de 1945, foi un caricaturista, pintor e xornalista galego.
![]() Retrato en Vida Gallega, 1919. ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xullo de 1886 ![]() Ferrol, España ![]() |
Morte | 15 de febreiro de 1945 ![]() Buenos Aires, Arxentina ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, artista gráfico, cartelista, artista ![]() |
Membro de | |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarFillo dun contramestre da Armada, trala morte de seu pai emigrou á Arxentina aos 13 anos e instalouse en Buenos Aires. Logo de varios traballos, cando estaba de camareiro comezou a colaborou na revista Caras y Caretas da man de José Cao, e chegou a ser caricaturista de éxito. En 1919 converteuse en director da revista e logo fundou e dirixiu Plus Ultra. Tamén se dedicou á pintura (dentro do estilo da denominada Escola arxentina) realizando exposicións en Buenos Aires, Madrid, Roma e o Río de Xaneiro. Foi Presidente da Comisión de Escuelas de la Provincia de Buenos Aires.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Entrada "Alonso, Xoán Carlos" do Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.