Juan Bugeiro Pérez

avogado e político galego

Juan Bugeiro Pérez, nado cara a 1880 e finado en Muxía o 17 de abril de 1945, foi un avogado e político galego.

Infotaula de personaJuan Bugeiro Pérez
Biografía
Nacemento1880 Editar o valor em Wikidata
Morte17 de abril de 1945 Editar o valor em Wikidata (64/65 anos)
Muxía, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Cee
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Avogado e perito agrícola en Cee. Xuíz municipal de Cee (1909). Presidiu a Asemblea de peritos agrícolas e agrimensores celebrada en Ourense en 1912 e foi presidente da Asociación Regional de Peritos Agrimensores (1913). Foi correspondente en Muxía de El Orzán.[1] Na ditadura de Primo de Rivera foi concelleiro de Cee. Na República foi elixido concelleiro en 1931. Militou en Unión Republicana e foi alcalde de Cee en 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi sancionado economicamente cunha multa de 250 ptas. Morreu en Muxía o 17 de abril de 1945 con 64 anos.[2]


Predecesor:
Argimiro Guillén Cereijo
  
Alcalde de Cee
 
1936
Sucesor:
Guillermo Quintana Pardo

Vida persoal

editar

Casou con Teresa García Lago, e foi pai de Juan e José Bugueiro García.

  1. El Orzán, 25-7-1918, p. 1.
  2. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 8-5-1945, p. 3.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar