Guillermo Quintana Pardo

militar e político galego

Guillermo Quintana Pardo, nado cara a 1883 e finado na Coruña o 25 de setembro de 1969, foi un militar e político galego.

Infotaula de personaGuillermo Quintana Pardo
Biografía
Nacemento1883 Editar o valor em Wikidata
Morte25 de setembro de 1969 Editar o valor em Wikidata (85/86 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Cee
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar , político Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosGuillermo Quintana Lacaci, Ketty Quintana Lacaci (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Julián Quintana Cuesta, capitán de Infantaría de Mariña, e Encarnación Pardo Filgueira. Estudou na Academia de Infantaría. Estivo destinado nas Canarias e en Lugo. Comandante de Infantaría retirado, na República foi profesor de Matemáticas no colexio da Fundación Fernando Blanco de Cee.[1] Foi nomeado concelleiro de Cee polo gobernador civil en novembro de 1934 na corporación presidida por Argimiro Guillén Cereijo.[2]

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado polo gobernador civil delegado civil de Cee.[3] Combatiu na guerra. Ascendido a coronel, foi destinado ao Rexemento Mixto de Infantaría de Máquinas de Acompañamento 88 en Ourense e foi gobernador militar da praza e provincia de Ourense en decembro de 1940.[4] Ascendido a xeneral de brigada, foi nomeado xefe da 52 División de Infantaría de Montaña en 1946.[5] Finou na Coruña o 25 de setembro de 1969 con 86 anos.[6]


Predecesor:
Juan Bugeiro Pérez
  
Alcalde de Cee
 
1936 -1937
Sucesor:
Manuel Nemiña Canosa

Recoñecementos editar

Cruz de San Hermenegildo en 1931.

Vida persoal editar

Casou en Ferrol con Enriqueta Lacaci García en 1913,[7] e foi pai de María Victoria, Guillermo, María Reyes, Enriqueta e Luis Antonio Quintana Lacaci.

Notas editar

  1. Vicente Mejuto Leis: la vuelta de un represaliado a casa
  2. El Ideal Gallego, 21-11-1934, p. 4.
  3. BOP A Coruña, 14-8-1936, p. 2.
  4. La Región, 17-12-1940, p. 1.
  5. La Noche, 12-3-1946, p. 1.
  6. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 26-9-1969, p. 4.
  7. La Región, 4-5-1913, p. 3.