Juan Barja de Quiroga

militar e avogado galego

Juan Barja de Quiroga, nado na Coruña en setembro de 1897 e finado na provincia de Teruel o 1 de xaneiro de 1938, foi un militar e avogado galego.

Juan Barja de Quiroga
Nacementosetembro de 1897
 A Coruña
Falecemento1 de xaneiro de 1938
 Provincia de Teruel
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmilitar e avogado
PaiManuel Barja Cerdeira
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Manuel Barja Cerdeira. Ingresou na Academia de Toledo con 14 anos. En 1917 ingresou na Escola Superior de Guerra. Participou na guerra de África e en 1927 foi xefe de Estado Maior do xeneral Mola. Foi retirado pola Lei Azaña. A finais de 1931 asinou o manifesto fundacional da Coalición Regional de Derechas Democráticas. Durante a República licenciouse en Dereito. Colaborou na revista Acción Española a partir de 1933. Foi profesor mercantil e directivo da Caixa de Aforros, Delegado Rexional de Acción Católica en Galicia, e propagandista agrario, chegando a ser secretario da Federación Católico Agraria da Coruña, e profesor do Centro de Estudios Sociales. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 organizou e mandou a Bandera Legionaria Gallega. Unha vez disolta a Bandera en novembro, incorporouse en decembro ao cuartel xeneral do exército do Norte, ás ordes do xeneral Mola, con destino á fronte de Bilbao. Morreu no cerco de Teruel o 1 de xaneiro de 1938. Foi soterrado na Coruña.

Vida persoalEditar

Casou con María Josefa Paz Losada en 1923,[1] e foi pai de Juan Manuel, María Cruz, José María, María de los Dolores, Margarita e María Josefa Barja de Quiroga Paz.

NotasEditar

  1. El Compostelano, 2-8-1923, p. 2.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar