Aurora Artiaga
María Aurora Artiaga Rego, nada en Mondoñedo en 1960, é unha historiadora galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1960 (63/64 anos) Mondoñedo, España |
Actividade | |
Ocupación | historiadora |
Traxectoria
editarDoutora en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela en 1989 coa tese A desamortización da provincia de Pontevedra, 1855-1900. É profesora titular do Departamento de Historia da USC dende 1991. Foi profesora visitante no Departamento de Lingua e civilización españolas da Universidade de Rennes 2 (Haute-Bretagne) (1988-1989). Foi vicedecana de Asuntos Académicos da USC. As súas liñas de investigación son a historia agraria, a historia contemporánea, a historia de Galicia, a Historia do medio ambiente, o mundo rural, o nacemento e consolidación do réxime franquista e a violencia desenvolvida nos primeiros anos da guerra civil e ditadura.
Obras
editar- A desamortización na provincia de Pontevedra (1855-1900), 1991.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Artiaga Rego, Aurora". Dicionario biográfico de Galicia I. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 75.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 498. ISBN 84-7492-465-0.