Abrir o menú principal

Juan Antonio Menéndez Fernández

Bispo español

Juan Antonio Menéndez Fernández, nado en Villamarín (Grau) o 6 de xaneiro de 1957 e finado en Astorga o 15 de maio de 2019, foi un relixioso asturiano, bispo da diocese de Astorga.

Juan Antonio Menéndez Fernández
Mons. Menendez Fernandez (30279524134).jpg
Nome completoJuan Antonio Menéndez Fernández
Nacemento6 de xaneiro de 1957
 Grau
Falecemento15 de maio de 2019
 Astorga
CausaInfarto agudo de miocardio
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade Pontificia de Salamanca
Ocupaciónsacerdote católico e xuíz
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

En 1968, ingresou no seminario de Oviedo para cursar secundaria e posteriormente os estudos eclesiásticos licenciándose en 1980. Foi ordenado sacerdote o 10 de maio de 1981.[1] Licenciouse en dereito canónico pola Universidade Pontificia de Salamanca (2005). Ata o ano 2011 foi Vigairo xeral do Arcebispado de Oviedo e ata o 2013 Vigairo episcopal de asuntos xurídicos.

O 26 de abril de 2013, foi nomeado bispo titular de Nasai e auxiliar de Oviedo polo papa Francisco. Recibiu a ordenación episcopal o 8 de xuño por Jesús Sanz Montes. O 18 de novembro de 2015, foi nomeado bispo da diocese de Astorga para suceder a Camilo Lorenzo Iglesias,[2] tomando posesión o 19 de decembro. Finou no cargo o 15 de maio de 2019.[3]

NotasEditar