Camilo Lorenzo

relixioso e químico galego

Camilo Lorenzo Iglesias, nado en Porto do Souto (Piñor) o 7 de agosto de 1940 e finado en Astorga o 13 de xullo de 2020, foi un bispo católico e químico galego. Desde 1995 ata 2015 foi o bispo de Astorga, e a partir desa data e até o seu falecemento, bispo emérito.

Modelo:BiografíaCamilo Lorenzo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de agosto de 1940 Editar o valor en Wikidata
Porto do Souto, España Editar o valor en Wikidata
Morte13 de xullo de 2020 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Ponferrada, España Editar o valor en Wikidata
Bispo de Astorga
14 de xuño de 1995 – 18 de novembro de 2015
← Antoni Briva i Miravent (en) TraducirJuan Antonio Menéndez Fernández →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1995–), sacerdote católico (1966–), científico, teólogo Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónMario Tagliaferri Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Dialnet: 2646796

Traxectoria

editar

En 1954 comezou os seus estudos eclesiásticos no Seminario maior de Ourense, sendo ordenado sacerdote o 23 de decembro de 1966. Nese mesmo ano comezou a carreira de Ciencias Químicas na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1972.

En 1972 comezou a traballar como docente no seminario menor de Ourense, cargo que mantivo até 1995. Tamén en 1972 comezou como vigairo da parroquia da Nosa Señora de Fátima de Ourense. En 1983 foi nomeado reitor do seminario menor de Ourense, e en 1992 pasou a ser reitor do seminario maior da cidade, amais de membro do Colexio de Consultores da Diocese de Ourense.

O 14 de xuño de 1995 o papa Xoán Paulo II nomeouno bispo da diocese de Astorga, e recibiu o Sacramento da Orde a mans de monseñor Mario Tagliaferri (por entón nuncio apostólico en España), con Gabino Díaz Merchán (entón Arcebispo de Oviedo) e Xosé Diéguez Reboredo (por entón bispo de Ourense) como co-consagrantes da cerimonia de toma de posesión. Sucedeu no cargo de bispo a Antonio Briva Miravent.

En 1996 pasou a ser membro da Conferencia Episcopal Española, pertencendo á Comisión Episcopal de Seminarios e Universidades até 2008. Amais, desde o 2005 foi membro da Comisión de Misión. Por idade xubilouse en 2015, e pasou a levar o tratamento de bispo emérito. Seguiu residindo en Astorga até o seu falecemento.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
Antonio Briva Miravent
 
Bispo de Astorga

1995-2015
Sucesor:
Juan Antonio Menéndez Fernández