José Tato Lorenzo
anarquista galego
José Tato Lorenzo, nado en Mondariz o 22 de decembro de 1886 e finado en Montevideo o 20 de setembro de 1969, foi un anarquista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de decembro de 1886 Mondariz, España |
Morte | 20 de setembro de 1969 (82 anos) Montevideo, Uruguai |
Actividade | |
Ocupación | político |
Traxectoria
editarEn novembro de 1900 emigrou ao Brasil. Entre agosto de 1902 e setembro de 1903 permaneceu en Montevideo. Despois radicouse en Rosario, onde estivo en prisión polas súas ideas anarquistas en 1904. Marchou a Buenos Aires, traballou como vendedor de periódicos e colaborou en La Protesta. En 1911 foi deportado a España. En 1912 retornou a Montevideo. No Uruguai foi redactor de Anarkos, fundou os periódicos El Hombre (1916-1931) e Inquietud (1944-1950) e colaborou na prensa anarquista internacional. Escribiu o folleto Materialismo y anarquismo (1919).
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). Positivas, ed. O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela. pp. 254–255. ISBN 84-87783-79-1.