José Sánchez García

mestre, político e empresario español

José Sánchez García, nado en Serón de Nágima (Soria) o 19 de marzo de 1897[1] e finado no Rosal o 19 de novembro de 1948,[2] foi un mestre, político e empresario español.

Infotaula de personaJosé Sánchez García
Biografía
Nacemento19 de marzo de 1897 Editar o valor em Wikidata
Serón de Nágima, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de novembro de 1948 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
O Rosal, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político , empresario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Mestre nacional, aprobou as oposicións a mestre na Escola Normal de Zaragoza. Foi mestre de Fornelos dende 1922. Desde a súa escola foi propulsor da agricultura e a gandaría do concello do Rosal. Introduciu o mirabel, a alfalfa e varios tipos de remolacha. En 1938 fundou a fábrica Conservas Vegetales José Sánchez García, que despois cambiou o seu nome por A Rosaleira, e organizou a cooperativa do campo El Pilar.

Militante de Acción Popular, participou nos mitins políticos das eleccións de febreiro de 1936.[3] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi nomeado alcalde do Rosal a principios de agosto.[4] Volveu ser alcalde en dúas ocasións. Foi fundador e logo secretario da Unión Territorial de Cooperativas del Campo e vicepresidente da Cámara Oficial Sindical Agraria de Pontevedra.


Predecesor:
?
  
Alcalde do Rosal
 
1936 - 1937
Sucesor:
Serafín Álvarez Rodríguez


Predecesor:
Serafín Álvarez Rodríguez
  
Alcalde do Rosal
 
? - ?
Sucesor:
?
Predecesor:
'
  
Alcalde do Rosal
 
? - 1944
Sucesor:
Manuel Pérez

Recoñecementos editar

Foi nomeado comendador da Orde civil do Mérito Agrícola e cabaleiro da Orde de Cisneros.

Notas editar

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 104. 
  2. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 21-11-1948, p. 2, 4.
  3. El Pueblo Gallego, 21-1-1936, p. 15.
  4. El Pueblo Gallego, 2-8-1936, p. 7.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar