A Rosaleira

empresa de alimentación galega

A Rosaleira é unha empresa conserveira de produtos vexetais galega, con sede no Rosal.

A Rosaleira
Tipoempresa de alimentación
Fundador(es)José Sánchez García
SedeO Rosal
PaísGalicia
41°55′50″N 8°50′13″O / 41.930645034269, -8.8368367732364
Na rede
https://arosaleira.com/gl/
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Foi fundada por José Sánchez García a finais da década de 1930 co nome de Conservas Vegetales José Sánchez García. Nun inicio a súa produción centrouse nas conservas de tomate, fritada e mirabel. Durante moito tempo foi a única empresa galega dedicada á conservación de conservas vexetais. En 1967 comezaron a producirse grelos en conserva. Posteriormente foi adquirida pola empresa Terras Gauda, á que pertence na actualidade.

Produtos editar

Entre os produtos que ofrece están os grelos, mirabeis en caldo de azucre, cogomelos, tomate, zaragallada, fritada e feixóns.

Dende a fundación, a marca mantívose firme no empeño de conservar, da maneira máis natural, as hortalizas, froitas e verduras que produce. Os produtos non levan aditivos nin conservantes.