José Rodríguez de Vicente
José Rodríguez de Vicente, coñecido como Joselín, nado en Vigo o 14 de abril de 1895 e finado en Buenos Aires o 20 de setembro de 1958[1], foi un xornalista, narrador oral, político e actor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de abril de 1895 Vigo, España |
Morte | 20 de setembro de 1958 (63 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Alcalde de Baiona | |
1927 – 1929 ← Pedro Miranda Suárez de Puga – Vicente Vázquez González → | |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Membro de | |
Familia | |
Irmáns | Román Rodríguez de Vicente |
Traxectoria
editarFillo de Román Rodríguez, administrador do Pazo do Conde de Gondomar, en Baiona. Estudou en Vigo e Madrid. En 1916 marchou a Uruguai, onde traballou de xornalista no semanario Tierra Gallega, ao mesmo tempo creou o personaxe de Joselín, un galego de aldea, bo e de poucas letras, pero con moita sabedoría.
Regresou a Galicia e fundou as Irmandades da Fala de Baiona. Foi presidente do Casino Recreativo de Baiona en distintas ocasións, e adoitaba participar nas actividades culturais entre como as actuacións no teatro baionés ou a composición de letras para as comparsas do entroido. Foi nomeado alcalde accidental de Baiona a principios da ditadura de Primo de Rivera, e foi tenente de alcalde en distintos gobernos. Volveu ser alcalde entre 1927 e 1929. Durante o seu mandato puxo en marcha distintas reformas sanitarias, reparación de fontes e da Casa Consistorial[2]. En xullo de 1927 nomeou fillo adoptivo de Baiona a Ángel Bedriñana, propietario do Palacio de Monte Real.[Cómpre referencia] En outubro recibiu as súas maxestades Afonso XIII e a súa esposa Vitoria Uxía de Battenberg. Miguel Primo de Rivera concedeulle a distinción de Cabaleiro da Orde do Mérito Civil na súa visita de agosto de 1928, insignias que lle foron impostas en agosto do ano seguinte, tras a subscrición popular que se fixo en Baiona para a súa figura. Dimitiu do seu cargo en outubro de 1929, e foi substituído polo seu tenente de alcalde Vicente Vázquez González.
Posteriormente traballou en Salamanca nunha oficina de turismo e en Madrid como xornalista no diario La Nación. Logo dalgunha incursión no mundo do teatro (en 1932 estreou Terra Nai no Teatro García Barbón), trasladouse a Buenos Aires, onde foi director da revista España do Hospital Español dende 1936. Organizou unha compañía de teatro e elaborou guións para filmes e documentais en colaboración con Suevia Films. Dirixiu a emisión radiofónica La Hora Gallega, de Radio Patria.
Creou en Buenos Aires o centro Ayuntamiento de Bayona, posteriormente transformado en Círculo Social Val Miñor. En 1955 foi premiado coa Cruz de Isabel A Católica.
Como narrador oral, gravou unha serie de narracións moi populares coñecidos como os Contos de Joselín[3].
Era irmán de Román Rodríguez de Vicente.
Predecesor: Pedro Miranda Suárez de Puga |
Alcalde de Baiona 1927 - 1929 |
Sucesor: Vicente Vázquez González |
Notas
editar- ↑ El Pueblo Gallego, 30-9-1958, p. 2
- ↑ Faro de Vigo, 1-4-1928
- ↑ "Os contos de Joselín". Folque. 2014-04-14. Consultado o 2021-10-22.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- "Vigo despide a Joselín, un monologuista, guionista de cine y teatro, y ex alcalde de Baiona". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de novembro de 2010.
- Salgado, Rafael (1/8/2011). "Joselín", no blog Ourense no tempo.