José Rodríguez Mourelo

químico galego

José Rodríguez Mourelo, nado en Lugo o 24 de febreiro de 1857 (aínda que segundo outras fontes, naceu o 21 de novembro)[1] e finado en Madrid o 21 de novembro de 1932,[2] foi un químico galego.

Modelo:BiografíaJosé Rodríguez Mourelo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1857 Editar o valor en Wikidata
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Morte21 de novembro de 1932 Editar o valor en Wikidata (74/75 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
25 de xaneiro de 1930 – 15 de febreiro de 1930
Membro da Asemblea Nacional Consultiva
25 de xaneiro de 1930 – 15 de febreiro de 1930 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónquímico, político Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
PaiAntonio Rodríguez Pérez Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnsayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Rodríguez Mourelo (José), p.388) Editar o valor en Wikidata
Galiciana: 11593 BNE: XX1169928 BUSC: rodriguez-mourelo-jose-1857-1932 Dialnet: 2191923

Traxectoria

editar

Fillo de Antonio Rodríguez Pérez, alcalde de Lugo. Estudou nas Universidades de Santiago, onde foi alumno de Antonio Casares,[2] e Madrid, ampliou estudos en Xenebra e París. Foi profesor de Química no, chamado daquela, Instituto Masculino de Lugo -hoxe IES Lucus Augusti- durante os cursos 1876-1878 e, posteriormente, en 1900, conseguiu a praza de profesor de Química Industrial e Orgánica na Escola Central de Artes e Industrias de Madrid.[3] Foi conselleiro de Instrución Pública e de Agricultura.[4][3] Tamén foi profesor da Institución Libre de Enseñanza.[3]

Formou parte do Comité Inter­nacional para a publicación das Táboas Físico-Químicas e pertenceu a diversas cor­poracións científicas nacionais e estranxei­ras, Colaborou en perió­dicos e revistas como Revista Europea, Revista de España, Revista contemporánea (1897-), La Ilustración española (1897-)... con artigos científicos.

Foi nomeado individuo de número da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais[4] en 1902, chegando a ser presidente da Sección de Física e Química.[1] Foi tamén membro de distintas sociedades como a Real Sociedade de Física e Historia Natural de Xenebra ou a Comisión Internacional das Táboas Físico-Químicas.[3]

Entre as súas obras publicadas destacaron os traballos sobre a radioactividade, a materia radiante e a radiofonía.

Tamén foi bibliotecario do Ateneo de Madrid.[4]

Casou coa escritora Francisca González Garrido, Fanny Garrido, viúva de Marcial del Adalid.[5]

Recoñecementos

editar

En 1908, foi nomeado Cabaleiro da Lexión de Honra de Francia.[3]

  1. 1,0 1,1 Fernández García, Mª Isabel (2013). "A química en Lugo.Estudos académicos e lucenses eximmios na materia". Lucensia. XXIII (46): 25–40. ISSN 1130-6831. 
  2. 2,0 2,1 Cora, José de (26 de febreiro de 2020). "Rodríguez Mourelo, pionero de la radiactividad". bitacoradecora.galiciae.com (en castelán). Consultado o 19 de xuño de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Pellón González, Inés (2018). "José Rodríguez Mourelo". Real Academia de la Historia (en castelán). Consultado o 19 de xuño de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Ossorio y Bernard (1903), p. 388
  5. Cora, José de (5 de febreiro de 2019 [actualizdo o 26 de febreiro de 2020]). "José Rodríguez Mourelo". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 19 de xuño de 2023. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Ossorio y Bernard, Manuel (1903). "Rodríguez Mourelo (José)". Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (en castelán). Madrid: Imprenta y litografía de J. Palacios. 

Ligazóns externas

editar