José Rey Otero

futbolista galego

José Rey Otero, nado na Coruña o 6 de xaneiro de 1923 e finado na mesma cidade o 21 de decembro de 1971,[1] foi un futbolista galego. Xogaba de dianteiro.

Modelo:BiografíaJosé Rey Otero
Biografía
Nacemento6 de xaneiro de 1923 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte21 de decembro de 1971 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Deportivo da Coruña

Traxectoria

editar

O seu primeiro equipo foi o Marte FC coruñés, no que xogou na tempada 1941/42. De aí pasou ao Deportivo da Coruña que o cedeu un ano ao Alcoyano e outro ao Ceuta.[2]

Na tempada 1944-45 debutou co Deportivo da Coruña en Primeira División, xogando tan só dous encontros no cadro adestrado por Ramón de la Fuente. O seu debut produciuse na xornada 13, nunha derrota contra o Sabadell a domicilio (2–1). Na seguinte xornada repetiu titularidade, que rematou igualmente en derrota, nesta ocasión contra o Murcia (1–0). Nesa campaña Rey era o único atacante suplente, estando a dianteira titular formada por Juan Francisco Lezama, José González Caballero, Paquirri, Chao e Manuel Marquínez. Ao remate da campaña, o equipo descendeu a Segunda División. Xogou un ano máis no Deportivo, logrando ascender de novo á Primeira División.

  1. La Voz de Galicia, 28-12-1996, 23.
  2. "José Rey". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de setembro de 1943. p. 4. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar