José Pose Miguens
carpinteiro e sindicalista galego
José Pose Miguens, nado en Padrón cara a 1908 e finado en Santiago de Compostela o 12 de setembro de 1936, foi un carpinteiro e sindicalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1908 ![]() Padrón, España ![]() |
Morte | 12 de setembro de 1936 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | carpinteiro, sindicalista ![]() |
Membro de | |
![]() |
Traxectoria
editarMembro do Sindicato de Oficios Varios de Padrón (CNT). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Compostela por rebelión o 7 de setembro con Faustino Liste Forján, José Tourís Castro, Serafín Mariño Santos, Daniel Caamaño Eiras e Luis García Abella, acusados de ser os autores do asalto ao tren en Osebe nas datas do golpe de Estado,[1][2] foi condenado a pena de morte e executado en Compostela con Xoán Xesús González, Faustino Liste, José Tourís e Serafín Mariño o 12 de setembro de 1936.[3]