José Porto Lestegás
José María Porto Lestegás, Herbellas, nado no Valadouro cara a 1908 e finado en Miñotos (Ourol) o 2 de outubro de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1908 O Valadouro, España |
Morte | 2 de outubro de 1948 (39/40 anos) Miñotos, España |
Datos persoais | |
Outros nomes | Herbellas |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Lingua | Lingua castelá |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra civil española |
Traxectoria
editarPanadeiro en Viveiro. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 8 de setembro, xulgado por auxilio á rebelión e condenado a 5 anos de prisión. Estivo na prisión de Burgos. Instalado en Ourol, rexentou a panadería da Praza da Fontenova. Tamén era tratante de gando e dedicábase a mercar carne para a carnizaría da súa irmá. Logo de pasar polo cuartel de Viveiro arrestado por colaborar cos fuxidos, botouse ao monte e incorporouse á guerrilla. Foi abatido nun enfrontamento coa Garda civil xunto con Benedicto Escourido Cobo o 2 de outubro de 1948 nos montes de Leborín en Miñotos (Ourol). Feridos por disparos dunha metralladora, ambos permaneceron varias horas agochados até que a “Brigadilla” despregou cans para localizalos e alumeou a zona cos faros do coche de liña de Galera. José gastou a munición que lle quedaba fronte as forzas represivas, comeu documentos con información da partida e despois de lanzar unha granada, suicidouse coa última bala.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- As mártires de Silán Arquivado 07 de abril de 2017 en Wayback Machine.
- Ficha en Represión franquista en Lugo
- José Porto Lestegás na páxina web Nomes e Voces.