Benedicto Escourido Cobo

guerrilleiro antifranquista galego

Benedicto Escourido Cobo, Lúa, nado en Atián (Miñotos, Ourol) en 1928 e finado na mesma parroquia o 2 de outubro de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Benedicto Escourido Cobo
Nacemento1928
 Miñotos
Falecemento2 de outubro de 1948
 Miñotos
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Josefa Escourido Cobo. Carpinteiro e baixista da orquestra de Miñotos. Era enlace do grupo de José Vázquez Gómez "Ubaldo". Logo da súa morte o 12 de novembro de 1947, incorporouse á guerrilla. Foi capturado nun enfrontamento coa Garda civil xunto con José Porto Lestegás o 2 de outubro de 1948 nos montes de Leborín en Miñotos (Ourol). Feridos por disparos dunha metralladora, ambos permaneceron varias horas agochados até que a “Brigadilla” despregou cans para localizalos e alumeou a zona cos faros do coche de liña de Galera. José Porto gastou a munición que lle quedaba fronte as forzas represivas e suicidouse coa última bala. Benedicto foi detido e atado a unha escaleira para desprazalo, foi torturado para que descubrira a cova da estrada entre Silán e O Viveiró usada como deposito de armas dos fuxidos. Alí non atoparon armas pero si información sobre Celia González e a súa nai Josefa Escourido. Benedicto, moi mal ferido, foi asasinado no Salón do Carme de Abaixo (Miñotos, Ourol) onde a Garda Civil parou a xantar.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar