Abrir o menú principal

José Pintos Quinteiro, nado en Cerdedo-Cotobade en 1899 e finado en Pontevedra o 27 de agosto de 1936, foi un político galego.

José Pintos Quinteiro
Nacemento1899
 Cotobade
Falecemento27 de agosto de 1936
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Chofer. Era un dos principais dirixentes do PSOE pontevedrés, e foi elixido vicepresidente da agrupación socialista en xuño de 1936. Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 tivo unha participación destacada no Comité para a defensa da República organizado no goberno civil e, xunto cos compañeiros Manolo Amoedo, Valeriano Riobó, os irmáns Martínez Vázquez, e outros, tomou parte nas requisas de autos e armas ordenadas polas autoridades. Logo da saída á rúa dos militares refuxiouse no barrio da Moureira, nunha casa na rúa de Xan Guillerme propiedade de Benito Lago Currás. A policía rexistrou a casa en varias ocasións sen resultado. O 25 de agosto Pintos escapou cara San Xurxo de Sacos nun taxi propiedade do veciño do Marco Andrés Vázquez. Foi detido no seu domicilio en San Xurxo de Sacos ás 21 horas do día 26 por dous gardas civís e un cívico de Cerdedo-Cotobade. Foi asasinado en Pontevedra o 27 de agosto de 1936 e a súa morte foi rexistrada como causada por ferida de arma de fogo no cranio.

Véxase taménEditar