Abrir o menú principal

José Pimentel Montenegro

José Pimentel Montenegro, marqués de Bóveda de Limia, nado en Pontevedra o 30 de maio de 1786 e finado en Artziniega (Áraba) o 30 de xaneiro de 1838, foi un militar e político galego.

José Pimentel Montenegro
Nacemento30 de maio de 1786
 Pontevedra
Falecemento30 de xaneiro de 1838
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmilitar
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Durante a Guerra da Independencia participou nas batallas de Ponte Sampaio e Vitoria. En 1820 uniuse aos realistas e participou no levantamento absolutista de Jaca. Logo da morte de Fernando VII foi separado do exército polas súas ideas liberais e marchou a Portugal. Participou na Primeira Guerra Carlista ao lado do infante Carlos María Isidro de Borbón e acadou o grao de mariscal de campo. Morreu na Batalla de Artziniega.