José Pierres Castellanos
José Pierres Castellanos, nado en Arcade (Soutomaior) o 7 de abril de 1911,[1] foi un mestre galego.
José Pierres Castellanos | |
---|---|
Nacemento | 7 de abril de 1911 |
Lugar de nacemento | Arcade |
Nacionalidade | España |
Ocupación | mestre |
Fillos | José Manuel Pierres Martínez |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Foi mestre suplente da escola graduada de nenos de Redondela. Aprobou o curso de Maxisterio en 1933 e foi mestre interino en Soutomaior, despois foi destinado a Priegue dende 1934.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo a finais de agosto,[3] Foi mobilizado polo exército sublevado. Sufriu expediente de depuración acusado de "militancia en organizacións afectas á República, actitudes contrarias á Causa Nacional, ideoloxía/simpatía de esquerdas e irrelixiosidade", e foi condenado a traslado forzoso dentro da provincia e inhabilitación para cargos directivos e de confianza.[4] Foi mestre en Cabeiras (Arbo) dende 1940,[5] e despois de Seixo (Marín).
Vida persoalEditar
Foi pai de José Manuel Pierres Martínez.
NotasEditar
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- José Pierres Castellanos na páxina web Nomes e Voces.