José Manuel Pierres Martínez
José Manuel Pierres Martínez, nado en Priegue (Nigrán) en 1934 e finado en Marín o 11 de setembro de 2007,[1] foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1934 Priegue, España |
Morte | 11 de setembro de 2007 (72/73 anos) Marín, España |
Alcalde de Marín | |
1987 – 1991 | |
Alcalde de Marín | |
1979 – 1981 ← Antón Martínez Arias | |
Actividade | |
Ocupación | político, empregado de banca |
Familia | |
Fillos | Luisa Pierres |
Pai | José Pierres Castellanos |
Traxectoria
editarFillo do mestre José Pierres Castellanos, que estaba destinado en Priegue no momento do seu nacemento. En Arbo recibiu formación de latín por parte do párroco e formación integral da man do seu pai. De mozo comezou estudos de dereito, pero axiña se decantou pola enxeñaría industrial. Traballou como empregado de banca.
Nas primeiras eleccións democráticas foi elixido alcalde de Marín polo PSdeG-PSOE. Foi substituído en 1981 por José Emilio Esperón Rodríguez. Nas municipais de 1987 volveu ser elixido alcalde. Despois foi concelleiro de Urbanismo, Obras, Parques e Xardíns. Entre os logros da súa administración atópanse os edificios dos Xulgados e a Comisaría, o Museo Manuel Torres, a Residencia da Terceira Idade, vivendas sociais, a reforma do estadio de San Pedro, e a rehabilitación da Granxa de Briz.[2]
Predecesor: Antonio Manuel Martínez Arias |
Alcalde de Marín 1979 - 1981 |
Sucesor: José Emilio Esperón Rodríguez
|
Predecesor: Antonio Pena Piñeiro |
Alcalde de Marín 1987 - 1991 |
Sucesor: Gonzalo Arís Leiro |
Vida persoal
editarCasou con María Luisa López Paz, e foi pai de Iván e María Luisa Pierres López.
Notas
editar- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 12-9-2007, p. 49.
- ↑ Marín despidió al ex alcalde José Manuel Pierres
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Alcaldes de Marín Concello de Marín.