José Mosquera Rey

político galego

José Mosquera Rey, nado en Cervo cara a 1909 e finado en Veigue (Sada) o 12 de agosto de 1936, foi un político galego.

Infotaula de personaJosé Mosquera Rey
Biografía
NacementoCervo, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata
Veigue, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Mariñeiro, era temoeiro nun mercante. Foi un dos fundadores da Asociación Agraria de Meirás, da que foi elixido secretario en 1931. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse en Meirás con Juan Antonio Suárez Picallo e os sindicalistas Antonio Carballeira Muñiz, Manuel Prego Chas e Gumersindo Montero Montero. A comezos de agosto trasladouse con Antonio Carballeira e Manuel Prego á Coruña, onde foron delatados e capturados polos falanxistas. Logo de sufriren torturas, foron asasinados. Os seus cadáveres apareceron o 12 de agosto do ano 1936 no monte das Abeleiras, na parroquia de Veigue. Foi inculpado en causa militar en Ferrol por auxilio á rebelión, e a súa causa foi sobresida.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar