José María de Orbe y Elío
José María de Orbe y Elío, nado en Irún en setembro de 1776 e finado en Bordeos o 21 de xullo de 1850, foi o III marqués de Valde-Espina, militar e político vasco.
José María de Orbe y Elío | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | José María de Orbe y Elío |
Alcume | El Manchuelo de Ermua |
Nacemento | 6 de setembro de 1776 |
Lugar de nacemento | Palacio de Arbelaiz |
Falecemento | 21 de setembro de 1850 |
Lugar de falecemento | Bordeos |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Seminary of Bergara e Escola de Santo Tomás de Aquino das Escolas Pias de Saragoça |
Ocupación | militar, político e aristócrata |
Pai | José Joaquín de Orbe y Murguía |
Fillos | Juan Nepomuceno de Orbe y Mariaca |
[ editar datos en Wikidata ] | |
BiografíaEditar
Naceu no Palacio de Arbelaiz, proveniente de familias da nobreza biscaíña e guipuscoana. Foi combatente na guerra da Convención e na Guerra da Independencia Española, ámbalas dúas contra os franceses. O goberno liberal desterrouno pola súa vinculación cos realistas.
Foi representante do señorío de Biscaia nas Cortes en varias ocasións. Á morte de Fernando VII seguiu a causa do pretendente ó trono don Carlos, a quen proclamou na deputación de Biscaia. Cando don Carlos chegou a España tras a súa fuxida a Portugal e posterior viaxe a Inglaterra, nomeouno brigadier de infantaría e membro da Xunta Consultiva. En 1838, pouco antes do pacto de Bergara obtivo o grao de Mariscal de Campo ademais de ser nomeado ministro da Guerra e I duque da Confianza.
Contrario á firma do Convenio de Bergara, participou en intrigas en favor da continuación da guerra e viuse obrigado a exiliarse en Francia, onde faleceu en 1850.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
BibliografíaEditar
- PIRALA y CRIADO, Antonio. Vindicación del general Maroto y manifiesto razonado de las causas del Convenio de Vergara. Urgoiti editores, Pamplona 2005. ISBN 84-933398-8-1