José María Fernández Ladreda

José María Fernández Ladreda y Menéndez Valdés, nado en Oviedo o 14 de marzo de 1885 e finado en Siero o 20 de setembro de 1954, foi un militar e político asturiano.

Modelo:BiografíaJosé María Fernández Ladreda

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José María Fernández-Ladreda y Menéndez-Valdés Editar o valor en Wikidata
14 de marzo de 1885 Editar o valor en Wikidata
Oviedo, España Editar o valor en Wikidata
Morte20 de setembro de 1954 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Valbona, España Editar o valor en Wikidata
Procurador en Cortes
14 de maio de 1952 – 29 de setembro de 1954
Procurador en Cortes
18 de outubro de 1951 – 5 de abril de 1952 – Fernando Suárez de Tangil y Angulo →
Procurador en Cortes
12 de maio de 1946 – 6 de abril de 1949
Ministro de Obras Públicas
1945 – 1951
Procurador en Cortes
16 de marzo de 1943 – 1 de maio de 1946
← Alfonso Peña Boeuf
Deputado nas Cortes republicanas

25 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939

Circunscrición electoral: Oviedo (en) Traducir
Deputado nas Cortes republicanas
Representa: Acción Popular

30 de novembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936

Circunscrición electoral: Oviedo (en) Traducir
Alcalde de Oviedo
22 de novembro de 1924 – 7 de outubro de 1929
Deputado no Congreso dos Deputados
Catedrático de universidade
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Oviedo
Universidade Columbia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, químico, militar Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Sevilla
Universidade de Oviedo
Universidade de Madrid Editar o valor en Wikidata
Partido políticoConfederación Española de Derechas Autónomas Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

BNE: XX1189528

Traxectoria

editar

Estudou bacharelato en Oviedo, e en 1903 ingresou na Academia de Artillaría de Segovia. Alí recibiu ao ano seguinte a Cruz de primeira clase do Mérito Militar con distintivo branco pola súa aplicación e boa conduta, e ao rematar o terceiro ano dos seus estudos recibiu o emprego de segundo tenente alumno de artillaría. En agosto de 1908 saíu da academia ascendido a tenente primeiro da arma, sendo destinado a Valladolid e ao ano seguinte á comandancia de Melilla.

En 1910 foi designado profesor axudante da Academia de Artillaría. Escribiu en colaboración co capitán Martínez Vivas un Tratado elemental de Química general aplicada, que en 1911 foi declarado libro de texto da academia. Co mesmo colaborador escribiu tamén Química del carbono.

Ascendeu a capitán en 1914 e ao ano seguinte foi destinado ao Taller de Precisións, Laboratorio e Centro Electrotécnico de Artillaría, destino acorde coas súas afeccións, que lle permitiu desempeñar comisións técnicas que lle valeron recompensas. Así, en 1917 recibiu a cruz de primeira clase do Mérito Militar pola súa obra Pólvoras y explosivos modernos, escrita tamén xunto a Martínez Rivas. En 1919 marchou comisionado aos Estados Unidos de América para ampliar estudos.

Tras pedir unha excedencia no exército, en 1924 obtivo a licenciatura de Ciencias pola Universidade de Oviedo. Durante o goberno de Miguel Primo de Rivera foi alcalde de Oviedo entre 1924 e 1926. En 1927 volveu ao exército, pasando despois en varias ocasións á situación de excedente para dedicarse á dirección de industrias privadas e aos estudos científicos, cos que colaborou en revistas especiais e sobre os que publicou diversos traballos de química, electroanálise e metalurxia.

Trala proclamación da Segunda República, e estando retirado do exército, organizou en Asturias o partido da CEDA, sendo elixido deputado a Cortes en 1933. Tralo Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 que deu pé á Guerra Civil, Oviedo uniuse aos sublevados por orde do xefe da gornición, o xeneral Antonio Aranda, e quedou sitiada por tropas e milicianos leais á República. Como comandante, Fernández Ladreda formou na cidade o batallón de voluntarios para a súa defensa.

Tempo despois foi elixido membro da Real Academia de Farmacia e da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais. Foi ministro de Obras Públicas entre 1945 e 1951.