José María Cornejo

político salvadoreño

José María Cornejo, nado en San Vicente o 10 de novembro de 1788 e finado no mesmo San Vicente o 24 de novembro de 1864, gobernou a República do Salvador como Xefe Supremo do 30 de xaneiro de 1829 ao 16 de febreiro de 1830, e do 4 de decembro de 1830 ao 3 de abril de 1832.

Infotaula de personaJosé María Cornejo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de novembro de 1788 Editar o valor em Wikidata
San Vicente, O Salvador Editar o valor em Wikidata
Morte24 de novembro de 1864 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
San Vicente, O Salvador Editar o valor em Wikidata
Jefe Supremo del Estado de El Salvador (en) Traducir
4 de decembro de 1830 – 3 de abril de 1832
← José Damián Villacorta (en) TraducirFrancisco Morazán (pt) Traducir →
Jefe Supremo del Estado de El Salvador (en) Traducir
30 de xaneiro de 1829 – 16 de febreiro de 1830
← Mariano Prado (en) TraducirJosé Damián Villacorta (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeO Salvador
United Provinces of Central America (en) Traducir
Imperio Español
República Federal da América Central (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJosefa Nicolasa de Lesaca
PaisJosé Manuel Cornejo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Ana María Jacoba Merino y Guevara (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

José María Cornejo naceu en San Vicente o 10 de novembro de 1788. Os seus pais foron José Manuel Cornejo e Ana María Jacoba Merino y Guevara.[1][2] Casou con Josefa Nicolasa de Lesaca. Morreu na mesma cidade de San Vicente o 24 de novembro de 1864.

Estudos editar

Estudo Filosofía na Cidade de Guatemala, saíndo de Bacharel o 14 de xaneiro de 1809. Logo estudou Dereito Canónico, que non terminou, e despois Dereito Civil, que tampouco chegou a concluír.[2]

Vida política editar

Atopábase en Guatemala cando se producía o pronunciamento das provincias do Imperio Mexicano, e como José María Cornejo era un opositor a iso, foi posto en prisión. Retornou logo ao Salvador despois de ser liberado en xuño de 1822.

Foi elixido deputado para as lexislaturas de 1825 e 1826. En 1826, escribiu unha obra titulada Espíritu Constitucional, que foi aprobado polos liberais. Foi reelecto deputado para as lexislaturas de 1826 e 1827.[3]

Ademais foi alcalde de San Vicente e Rexedor Perpetuo.

Xefatura do Estado do Salvador editar

Cando os pobos foron convocados a eleccións de Xefe do Estado e Vicexefe do Estado, José María Cornejo gañou a xefatura e Nicolás Espinoza gañou a vicexefatura. Foron nomeados por decreto lexislativo do 22 de xaneiro de 1829.[4] Tomou posesión o 30 de xaneiro de 1829.

Realizou a erección do Colexio Seminario cuxa creación foi decretada en 1825; formou tamén unha escola lancasteriana. Edificou garitas e levantou muros para a seguridade do tráfico interior; tamén propuxo camiños e levantou pontes e calzadas de pedra. Reparou os acuedutos da cidade de San Salvador que estiveran arruinados por máis de 15 anos.[3]

Notas editar

  1. "José María Cornejo" (en castelán). Consultado o 16 de decembro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 "Mi Patria: Don José María Cornejo". Consultado o 16 de decembro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Defensa del Jefe del Estado del Salvador, José María Cornejo. Guatemala. 1833. Consultado o 16 de decembro de 2019.  |first1= sen |last1= in Authors list (Axuda)
  4. Colección de decretos y órdenes de la Asamblea y Gobierno del Estado correspondiente a los años de 1829 y 1830. O Salvador. 1830. 


Predecesor:



Mariano Prado
Xefe Supremo do Salvador



1829 - 1830
Sucesor:



José Damián Villacorta
Predecesor:



José Damián Villacorta
Xefe Supremo de El Salvador



1830 - 1832
Sucesor:



Francisco Morazán Quesada