Joseph Lancaster
Joseph Lancaster, nado o 25 de novembro de 1778 en Londres e finado o 23 de outubro de 1838, foi un educador e pedagogo inglés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de novembro de 1778 Londres |
Morte | 23 de outubro de 1838 (59 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Causa da morte | morte accidental, accidente de tráfico |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Relixión | Sociedade Relixiosa dos Amigos |
Actividade | |
Ocupación | mestre |
Lingua | Lingua inglesa |
Traxectoria
editarCon 14 anos marchou da súa casa e foi a Bristol por motivos relixiosos, encontrou traballo na cidade e uniuse á "sociedade dos amigos" (cuáqueros). Con 20 anos funda a súa primeira escola de primaria neste lugar. A escola era moi popular pero a maioría dos nenos non podían custear os seus estudos nela. Adquiriu o sistema de monitores e desenvolveu as súas ideas de forma simultánea ás do dr. Andrew Bell. Este no seu ensino non utilizaba a dor física pero si que castigaba os seus alumnos atándoos ou encerrándoos. A escola recibiu xenerosas doazóns polo seu rápido crecemento pero aínda así caeu na débeda, ademais disto a escola tamén recibiu numerosas críticas. Lancaster defendía as escolas non controladas pola igrexa xa que dicía que a educación debía ser cristiá pero non sectaria. Joseph pasou gran parte da súa vida percorrendo o país para defender as súas ideas. En 1816, Lancaster abandonou a Real Sociedade Lancasteriana e tentou fundar a súa propia escola. Isto fracasou e rematou na bancarrota. Despois de ser encarcerado por débedas e excluído da sociedade por diversas cousas emigrou ós Estados Unidos. Formaría escolas en Baltimore, Venezuela e o Canadá, aínda que tamén lle foron mal e tivo que regresar. Os seus seguidores tamén fundarían diversas escolas polo mundo. Lancaster falece en Nova York tras ser atropelado por unha carruaxe de cabalos. Agora tan só existe unha escola lancasteriana en todo o mundo. Atópase no Museo Escolar Británico.
Obras
editarAs obras máis importantes que escribiu son:
- Improvements in Education, en galego Melloras en educación, (Londres, 1803; Nova York, 1807)
- The British System of Education, en galego O sistema británico de educación, (Washington, 1812)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina web do Museo Escolar BritánicoArquivado 19 de marzo de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)