Nicolás Espinoza

político salvadoreño

O xeneral Nicolás Espinoza foi un militar e político salvadoreño. Naceu en Tenancingo en novembro de 1795 e morreu en Nacaome, Honduras, en marzo de 1845. Gobernou a República do Salvador como xefe de Estado do 10 de abril ao 15 de novembro de 1835.

Nicolás Espinoza
Nacemento1 de novembro de 1795
Lugar de nacementoDepartamento de Cuscatlán
Falecementomarzo de 1845
Lugar de falecementoHonduras
NacionalidadeO Salvador
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Graduouse de avogado, posiblemente na Universidade de San Carlos de Guatemala. Opúxose á anexión do Salvador ao Imperio Mexicano de Agustín I e por ese motivo en 1823 estivo exiliado en Costa Rica, onde desempeñou funcións de xuíz.

Chegada ao poder editar

Recibiu o poder Supremo o 10 de abril de 1835, e o de vicexefe de Estado José María Silva.

En abril de 1835, o Xeneral Espinoza como Xefe Supremo, restableceu a Intendencia Xeral da Facenda outorgándolle funcións xudiciais. En maio dese mesmo ano estableceu as xuntas de Beneficencia en todo o Estado, e estableceu tamén o sistema de xurados nas causas criminais que se realicen no Estado.

O 22 de maio do mesmo ano por terse establecido o Distrito Federal na cidade de San Salvador, a Asemblea Lexislativa, co obxecto de reordenar o departamento homónimo, cambia a denominación deste a "Cuscatlán".

O Poder Executivo designou a cidade de Santa Ana, como a capital do departamento.de Sonsonate, agregándolle o partido de Metapán. Por decreto de 7 de maio de 1835, restableceu a Comandancia Xeral do Exército, separando o mando militar dos Departamentos da Xefatura Política.

O 17 de xuño de 1835, Espinoza ordenou a venda en poxa pública dos terreos baldíos. Tamén nesta mesma data restableceu o estanco de tabaco e emitiu o seu respectivo regulamento.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Joaquín Escolán y Balibrera
Xefe Supremo do Salvador
1835
Sucesor:
Francisco Gómez