José María Calatrava
José María Calatrava Peinado, nado en Mérida o 26 de febreiro de 1781 e finado en Madrid o 16 de xaneiro de 1846, foi un político e xurista español.
José María Calatrava | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | José María Calatrava Peinado |
Nacemento | 26 de febreiro de 1781 |
Lugar de nacemento | Mérida |
Falecemento | 16 de xaneiro de 1847 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Soterrado | Panteón de homes ilustres |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Sevilla |
Ocupación | maxistrado, diplomático, político, avogado e xuíz |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Participou en contra da ocupación francesa dende a Xunta Suprema de Estremadura, onde foi elixido deputado en 1810 e participou nas Cortes de Cádiz. Tras a restauración absolutista foi preso e encarcerado en Melilla, até que foi liberado pola chegada dos liberais ao poder, sendo nomeado Maxistrado do Tribunal Supremo, e dende 1822 até 1823, Ministro de Xustiza. Ao fin do Trienio liberal tivo que exiliarse a Inglaterra xunto co seu irmán Ramón María Calatrava. Coa morte de Fernando VII e a chegada á rexencia de María Cristina regresa a España, onde tras o Motín de San Ildefonso, é nomeado Presidente do Consello de Ministros, encargándolle a carteira de Facenda a Mendizábal para que completara a reforma da facenda pública.
Reinado de Isabel II de España | ||
---|---|---|
Segue a: Francisco Javier de Istúriz |
José María Calatrava | Precede a: Baldomero Espartero |
Presidente do Goberno de España |
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Díaz Sampedro, Braulio. La politización de la justicia: El Tribunal Supremo (1836-1881), memoria para optar al grado de doctor. Madrid: Universidad Complutense, 2004. p. 301. ISBN 84-668-2484-1.