Abrir o menú principal

José Luis Trashorras Méndez

político español

José Luis Trashorras Méndez, nado en Meira en 1944 e falecido en Ribadeo, o 28 de decembro de 2008, foi un mestre con especialidade en lingua castelá.

José Luis Trashorras Méndez
Nacemento1944
 Meira
Falecemento28 de decembro de 2008
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Logo de dar clase en diversas localidades, tivo como últimos destinos o CP Gregorio Sanz, do que saíu no 1987 para dirixir en Comisión de servizos o daquela acabado de crear Centro de Adultos, e o IES Porta da Auga. Xubilado no ano 2004, ese mesmo ano publicou El Camino de Santiago, obra en verso e en castelán sobre o tema da título[1].

Foi alcalde de Ribadeo parte dun mandato (dende marzo do 1985 ata as eleccións do 1987). Á fronte da alcaldía promoveu o premio literario Diadema de Ribadeo, que leva homenaxeado a varias xeracións de estudantes e visto nacer e medrar o interese de estudantes pola literatura.

Foi pregoeiro do entroido de Ribadeo en 1998, así como das festas patronais do 2000. No 2001, e xa como fillo predilecto de Meira, foi o pregoeiro na súa parroquia.

Participou no Consello da Caixa Rural Provincial de Lugo, e nos últimos anos, foi Secretario da Caixa Rural Galega.


Predecesor:
José Ramón Cociña García
  
alcalde de Ribadeo
 
1985 - 1987
Sucesor:
Eduardo Gutiérrez

Véxase taménEditar

ReferenciasEditar

  1. "José Luis Trashorras Méndez". Ribadeando. Necroclóxica. Consultado o 13/02/2018.