José Ramón Cociña García

empresario e político galego

José Ramón Cociña García, coñecido como Moncho Cociña, nado en Ribadeo o 19 de novembro de 1931 e finado no mesmo concello o 22 de xaneiro de 1996, foi un empresario e político galego.

José Ramón Cociña García
Nacemento19 de novembro de 1931
Lugar de nacementoRibadeo
Falecemento22 de xaneiro de 1996
Lugar de falecementoRibadeo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónempresario e político
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi presidente do sindicato mixto local de actuacións diversas (1969). En 1971 foi elixido concelleiro en Ribadeo polo terzo sindical. Nas primeiras eleccións democráticas foi elixido concelleiro na candidatura de Coalición Democrática. Director da Caixa Rural de Lugo en Ribadeo. Foi parlamentario galego entre 1981 e 1989 polo PPdeG, antes Alianza Popular. Foi tenente de alcalde e despois alcalde do concello de Ribadeo durante o período que vai de 1983 até 1985. Despois presentouse ás eleccións municipais por Coalición Galega. Finou en Ribadeo o 22 de xaneiro de 1996.[1]


Predecesor:
Jaime Vidaurrázaga Urbieta
  
alcalde de Ribadeo
 
1983 - 1985
Sucesor:
José Luis Trashorras Méndez

Vida persoal editar

Casou con María Presentación Iglesias García e foi pai de Nacho, Carla, Beatriz, Mónica e Cristina Cociña Iglesias.

Notas editar

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 23-1-1996, p. 65.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar