Abrir o menú principal

Coordenadas: 43°32′7″N 7°3′7″O / 43.53528, -7.05194 O colexio público Gregorio Sanz é un centro de educación primaria de Ribadeo. Dende 1994[1] debe o seu nome ó mestre e pedagogo Gregorio Sanz.

Nel o alumnado pode cursar dende educación preescolar ata o 6º curso de educación primaria. En 2005 e cursos sucesivos rondaba os 400 alumnos e alumnas e 20 profesores e profesoras, despois dunha diminución suave pero persistende debido á baixa natalidade.

A construción ten un edificio principal con aulas, un edificio adxacente administrativo, un ximnasio e unha pista cuberta, así como abundante extensión de terreo circundante e outros servizos menores, como parque infantil e un comedor na planta baixa.

Está situado en fronte do IES Porta da Auga e do campo de fútbol.

Ten xornada partida. No 2014 propúxose cambiar a xornada continua, pero non foi aprobado. No curso 2018/2019 volveuse a propoñer.[2]

NotasEditar

  1. "Gregorio Sanz 1". Consultado o 2019-08-25. 
  2. "El colegio Gregorio Sanz de Ribadeo, con 400 alumnos, debate implantar la jornada única". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-02-04. Consultado o 2019-02-06.